MOS
A concellería de Participación Cidadá organiza unha excursión á Salamanca para a Terceira Idade
Incluída dentro do programa “Tempo de excursións”, abre o prazo de inscrición o vindeiro luns 18 de xaneiro.
A concellería de Educación e Participación Cidadá, dirixida pola edil Kely Monzón, oferta ós maiores de Mos a posibilidade de coñecer Salamanca. Trátase dunha iniciativa incluída no programa “Tempo de excursións”, promovido por este departamento municipal.
Esta excursión está programada para os días 13 e 14 de febreiro. A saída da excursión será dende o Concello (edificio de Urbanismo) ás 7:00 horas da mañá con dirección a Salamanca. O almorzo terá lugar no hotel. Pola tarde, realizarase unha visita con guía oficial polo centro histórico declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Á última hora da tarde, os maiores poderán gozar dunha suculenta cea e baile con motivo de San Valentín.
O día 14 de febreiro, tralo almorzo, saída en dirección á localidade de Alberca, un dos principais atractivos turísticos, e a continuación, cara Ciudad Rodrigo, onde xantarán. Finalmente, realizarase a viaxe de volta cara a Mos.
Poderán participar todas as persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos. No caso de existir vacantes poderán participar os maiores de 55 anos que non desenvolvan actividade laboral e as persoas non empadroadas en Mos.
O prazo de inscrición é dende o luns 18 ata o 25 de xaneiro, presentando unha solicitude asinada e debidamente cumprimentada no Rexistro do Concello.
O día 25 de xaneiro farase pública a lista de admitidos/as. A contía da viaxe por persoa ascende a 90 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180