Martes, 30 de Septiembre de 2025

Xornal21
Lunes, 18 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva anuncia unha "campaña" para promocionar os viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín

A comisión de selección aprobou hoxe a ocupación de espazos de tres empresas en Lalín e unha para Barro-Meis.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou  a posta en marcha dunha campaña de información sobre as dispoñibilidades dos dous viveiros de empresas de Barro-Meis e  Lalín.


Silva fixo estas declaracións, en rolda de prensa, antes da comisión de selección dos proxectos de ambos viveiros recordando que a intención da Deputación é que ambos centros acaden o cheo absoluto "usando as pemes e os autónomos a totalidade dos espazos dispoñibles".


En concreto, o viveiro de Barro-Meis recibiu unha solicitude para ocupar unha das naves con oficina por parte da empresa "Eurotec Inspección S.L.".


O viveiro de empresas de Barro-Meis oferta 16 naves, cunha superficie variable entre os 54 e os 110 metros cadrados; 24 oficinas cunha superficie entre os 18 e os 25 metros cadrados; e tres espazos coworking de 37 metros cadrados cunha capacidade para 12 postos.


No que respecta ao viveiro de Lalín aprobáronse as tres peticións recibidas de oficinas para as empresas "Kuzunguka APP Developers", "Stoutic Computing Technologies S.L." e "Inés Ferreiroa Louzao".


Neste viveiro de empresas de Lalín ofértanse  tres naves cunha superficie de entre 141 e 142 metros cadrados; cinco oficinas cunha superficie entre 16 e 18 metros cadrados; e un espazo de coworking de 92,10 metros cadrados para 16 postos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.