Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 16 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Tui

Máis de 230 remeiros participarán este domingo na XII Regata Miño Internacional Copa Presidenta da Deputación

A saída será ás 11.45h e a entrega de premios está prevista para ás 13h.

[Img #22418]

 

Corenta e dúas embarcacións pertencentes a 15 clubs españois e portugueses van participar este domingo na XII Regata Miño Internacional Copa Presidenta da Deputación organizada polos clubs Remo do Miño e Remo Tui co apoio do Concello de Tui. En conxunto serán 238 remeiros os que compitan nesta proba en Catro Scull masculino e feminino, en Oito con temoneiro e en Oito veterano.


A saída terá lugar ás 11.45h dende San Pedro da Torre e rematará fronte aos clubs de remo e piragüismo en Tui, tras completar os barcos unha distancia de 6 quilómetros.


A XII Regata Miño Internacional Copa Presidenta da Deputación foi presentada esta mañá na Casa do Concello de Tui polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, e os presidentes dos clubs Remo do Miño, José Luís Méndez, e Remo Tui, Francisco Javier  Álvarez.


Na súa intervención o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou o remo coma un dos piares que sustentan a proxección deportiva do municipio, o que significa tamén proxección turística e cultural e captación de recursos. Engadía que hai que ser ambiciosos e aspirar a que Tui poida ser sede de probas europeas ou mundiais deste deporte.  Fixo amais un chamamento aos dous clubs a avanzar no camiño para a súa fusión.  Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, agardaba que esta proba sirva de impulso ao remo en Tui nun ano importante ao ser olímpico, ao tempo que desexaba a pronta fusión dos dous clubs existentes.


O presidente do Club Remo do Miño, José Luís Méndez, que hai 36 anos cando naceu a Regata Miño Internacional era adestrador do club, sinalou o mérito da entidade por manter esta regata durante case catro décadas.


Francisco Javier Álvarez, presidente do Club Remo Tui, foi o encargado de aportar os datos técnicos da competición que se realizará ao longo de 6 quilómetros dende San Pedro da Torre en Valença ata Tui nas modalidades de Catro Scull feminino e masculino, Oito con temoneiro e Oito veterano. Salientou que a participación se incrementou nun 10% con respecto o ano pasado. Os clubs de Tui presentarán 6 tripulacións que competirán en Catro Scull masculino e feminino e Oito veterano.  A participación máis numerosa será a do club de Viana con sete embarcacións.


A entrega de premios está prevista para o domingo ás 13h.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.