Provincia
Falece un home en Cangas tras sufrir unha caída de altura
Un home faleceu esta tarde no concello pontevedrés de Cangas tras sufrir unha caída de altura. Segundo informou a particular que chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda, o varón precipitárase dende un sexto piso a un patio de luces. Unha vez informados os servizos sanitarios de urxencia, indicaron que a persoa non estaba accesible, polo que o persoal do 112 Galicia requiriu a presenza dos Bombeiros do Morrazo.
Finalmente, non foi necesaria a súa intervención, xa que os efectivos de Protección Civil de Cangas conseguiron acceder ao home e rescatalo. Así, os técnicos sanitarios só puideron confirmar o falecemento. Polo momento, descoñécense as causas do suceso, que ocorreu na rúa Concepción Arenal da vila canguesa. O CAE 112 Galicia tivo constancia do suceso ao fío das 17:00 horas de hoxe e, de seguido, púxoo en coñecemento de Urxencias Médicas, efectivos do parque comarcal de O Morrazo, Protección Civil e forzas da orde.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22