Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 20 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
BAIONA

A iluminación de Chenlo estará "en perfecto funcionamento nesta semana"

O concelleiro de Vías e Obras do Porriño pediu aos veciños de Chenlo que chamen ou acudan ao Concello cada vez que teñan un problema coa iluminación, como sucedeu nos días pasados, e asegurou que os técnicos municipais atenderán “axiña” calquera incidencia que poidese haber neste eido.

 

Manuel Carrera adiantou que nos primeiros días da semana que ven estarán arranxados todos os puntos de luz da Entidade Local Menor, logo de que persoal municipal percorrese a mesma,  fixese un listado de incidencias e empezase xa os arranxos das 35 lámpadas defectuosas ou crebadas.

 

Carrera amosou a súa extrañeza polo feito de que a Entidade Local Menor presentase un escrito no Concello, o pasado 13 de xaneiro, neste sentido posto que “a última chamada dos veciños á Concellería de Vías e Obras avisando dun problema no alumeado foi o 30 de novembro e dende esa data, non tivemos constancia de máis incidentes”.

 

Neste particular, Carrera volveu a instar aos veciños de Chenlo a que contacten coa súa concellería “como fan os cidadáns de todas as parroquias do Porriño”, logo de ter constancia de que se estaban comunicando as incidencias a un encargado da Entidade Menor que, á súa vez, pasaba as mesmas a unha empresa que non foi contratada polo Concello.

 

O concelleiro rexeita calquera desencontro por parte do Goberno local “nin neste nin en ningún outro tema”, de feito está a piques de rematar a proposta de convenio anual que deben asinar o Concello e a Entidade Local Menor “que ten como obxectivo principal o benestar dos veciños de Chenlo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.