Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 17 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Os bombeiros excarceraron a unha persoa en Ponteareas tras quedar atrapada nunha colisión entre dous vehículos

Os efectivos do parque comarcal de Ponteareas excarceraron esta noite a unha persoa que quedara atrapada no interior dun vehículo tras colidir con outro cando circulaban pola N-120, no coñecido como alto de Areas, na vila ponteareana. Foron varios os particulares que alertaron ao CAE 112 Galicia do accidente pasados uns minutos das 23:30 horas desta noite. Dado que indicaban que había unha persoa con dificultades para saír dun dos turismos, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención dos bombeiros, que ademais de liberar ao ferido realizaron as tarefas de limpeza da vía. Tamén se puxo en coñecemento dos técnicos de Urxencias Médicas, axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil de Ponteareas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.