Jueves, 09 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 18 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Unha muller resulta ferida tras envorcar co seu vehículo en Mos

Unha muller resultou ferida esta mañá ao envorcar o seu vehículo cando circulaba pola A-55, ao redor do punto quilométrico 10, á altura do concello de Mos. O alertante que chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda, ás 07: 45 horas de hoxe, indicou que había unha persoa que se atopaba con dificultades para saír do interior do vehículo. Por iso, se pediu a intervención de Urxencias Médicas e dos bombeiros de Baixo Miño que, chegados ao lugar comprobaron que non eran precisos os medios de excarceración, xa que, a muller, saíra polo seu propio pe do interior do turismo por unha fiestra.

 

A ferida ao ser atendida no mesmo punto polo persoal sanitario, foi evacuada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia. A intervención da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Mos tamén foi requirida polo 112 Galicia, así como a do persoal do servizo de mantemento da estrada. Uns minutos mais tarde, sobre as 8:10 horas, o CAE 112 Galicia tiña constancia doutro accidente no mesmo punto quilométrico da Autovía. Neste caso tratouse dunha colisión entre tres vehículos, pero, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, iso si, o alertante indicou ao persoal do 112 Galicia que os vehículos obstaculizaban a circulación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.