Martes, 25 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 18 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

ABANCA e ACIPOR asinan un convenio para facilitar o crédito aos comerciantes do Porriño

O convenio asinouse na nova sede de ABANCA na Avenida Bos Aires número 20 (Ponte do Valo), a primeira que se abre en Galicia dende o inicio de ABANCA, o que atestigua a importancia e puxanza de O Porriño no eido económico.

[Img #22451]

 

ABANCA e a Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial desta localidade pontevedresa na súa nova sede no Porriño, ubicada na Avenida Bos Aires Número 20 (Ponte do Valo) que extá operativa dende o pasado xoves día 14, e que en palabras dos representantes de ABANCA, trátase da primeira sucursal que ABANCA abre en Galicia dende a súa nova etapa, o que da testimonio da puxanza económica do Porriño.

 

A presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Juana Pérez Rodríguez, e o director de zona de ABANCA no Porriño/Condado/Paradanta, Luis Martín Blanco Conde, rubricaron hoxe un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do sur de Galicia e co Porriño en concreto.

 

O convenio facilita que os comerciantes e emprendedores asociados a ACIPOR accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe condicións especiais na contratación de liñas de comercio exterior.

 

Ademais, o documento asinado pon a disposición dos comerciantes do Porriño a comercialización de produtos específicos da entidade, entre os que destaca o servizo APLAZOS nas súas dúas modalidades: con Terminal Punto de Venda (TPV) ou sen TPV (banca electrónica). Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento dos dispositivos TPV.

 

Do mesmo xeito, os comerciantes e industriais adheridos a ACIPOR poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

 

A Presidenta de ACIPOR, Juana Pérez, que aproveitou para valorar a situación económica  local con Luis Martín Blanco e os representantes de ABANCA das dúas sucursais porriñesas e de Negocio Institucional de ABANCA, destacou a boa colaboración coa entidade dende faianos, e afirmou que as entidades adscritas a ACIPOR e ao CCA Morea poderán beneficiarse das condicións recollidas no acordo e que reflicten a puxanza do Porriño.

 

Plan Activamos

 

A entidade porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica. Dende as oficinas de ABANCA tamén se facilitara a información relativa ás opcións de financiamento a través do convenio asinado coa Deputación de Pontevedra (Plan Activamos), así como outros convenio do ICO, Igape e SGR.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.