Jueves, 09 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 18 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

A Policía Local de Mos conta coa súa primeira moto, coa que se amplía o seu parque móbil

Co comezo do novo ano faise público ademais o balance policial de 2015, que se resume con preto de 1.400 accións realizadas

[Img #22460]

 

A Policía Local do Concello de Mos recibiu o pasado venres, 15 de xaneiro, unha motocicleta que lle foi concedida grazas a unha subvención da consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia con fondos FEDER. Trátase dun vehículo tipo trail ou todo terreo, marca Yamaha, modelo XT 660R, que facilitará moito o labor da Policía Local mosense, sobre todo no que respecta ó acceso a lugares de terreo agreste, camiños non asfaltados, montes, ríos, etc. polo que será de gran axuda no desenvolvemento policial da tarefa de control medioambiental.

 

A este respecto a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, manifestouse satisfeita e tan convencida da necesidade deste novo vehículo para a Policía que xa anunciou que a administración local mosense adquirirá outra moto, para a que xa está pedindo orzamento a varios concesionarios, co obxecto de ter unha segunda motocicleta municipal e que dous efectivos da Policía Local poidan saír xuntos a patrullar en moto.

 

A Policía Local de Mos, dotada dun total de 8 efectivos, dispoñía dun limitado parque móbil que ademais sufre o deterioro propio de anos de antigüidade e gran uso. Dito parque constaba tan só de dous vehículos dos cales un deles estaba a dar certos problemas polo elevado quilometraxe realizado. Grazas a esta mesma axuda autonómica en agosto de 2015 a Policía Local de Mos xa recibía un novo coche patrulla modelo Citroën C4 Cactus Business Blue HDI.

 

Neste sentido o Xefe da Policía Local de Mos, Gerardo Álvarez Reguero, celebra “poder ter cuberto a necesidade de renovar o equipamento de vehículos policiais con estas dúas novas unidades móbiles (coche e motocicleta) que facilítannos enormemente o noso labor en materia de seguridade cidadá”, declarou. E é que estes novos vehículos permiten aumentar os medios técnicos e de mobilidade do corpo da Policía Local e polo tanto prestar un mellor e máis rápido servizo aos cidadáns.

 

Balance policial do último ano


 

O labor da Policía Local de Mos é moi vasto e variado. Xustamente a comezos deste 2016 que comeza a Policía mosense emitiu a súa memoria anual da actividade policial ó longo do pasado ano 2015, que se resume nun total de 1.339 expedientes tramitados (214 expedientes máis que en 2014, ano no que o total ascendeu a 1.125 expedientes xestionados).

 

 

[Img #22461]

Nestes preto de 1.400 expedientes inclúense informes de Medio Ambiente, informes de Urbanismo, accidentes de circulación, atestados, vehículos abandoados, informes do Xulgado, solicitudes de compañías de seguros, denuncias por infracción ó tráfico e outras xestións varias.

 

Os informes de Medio Ambiente foron un total de 124, sendo os meses de xullo e agosto os de maior incidencia en referencia a infraccións e requerimentos mediante providencia do departamento de Medio Ambiente (en 2014 foron 110 informes).

 

Os informes de Urbanismo foron 108 en 2015, sendo os meses de febreiro e octubre as datas a destacar con maiores infraccións e providencias do departamento de Urbanismo (en 2014 foron 125 informes).

 

Os accidentes de circulación nos que interviron foron un total de 60, entre os que destacan 11 con vítimas feridos graves e leves e os 49 restantes foron con dilixencias a prevención (en 2014 foron 50 os atestados por accidente de circulación).

 

Os atestados foron 51 en 2015, destacando a meirande parte dos delitos contra patrimonio e orden socioeconómico, predominando dentro dos mesmos os danos e hurtos (en 2014 realizáronse 30 atestados entre delitos e faltas).

 

Os expedientes e informes sobre vehículos abandoados na vía pública foron 22 (en 2014 abríronse un total de 28 expedientes).

 

Os informes do Xulgado foron 137, entre os que destacar os informes de auxilio á autoridade xudicial, entre eles Cédulas de Citación de Persoas, cumprimento de localizacións permanentes en domicilios de penados, informes xudiciais, etc. (En 2014 realizáronse 147 destes informes).

 

Os expedientes varios xestionados foron 253, destacando entre os principais os informes agrícolas, certificados de convivencia, solicitudes veciñáis, requerimento policial en eventos de diversa índole, etc. (En 2014 realizáronse un total de 237 informes varios).

 

As solicitudes de compañías e seguros foron 150 e consistiron en requerimentos das aseguradoras para coñecer a intervención policial nos accidentes, informe dos mesmos e remisión de atestados; sendo o total de atestados enviados de 38. (En 2014 fixéronse 110 informes a aseguradoras).

 

Por último, as denuncias por infracción ó tráfico foron un total de 434 en 2015, sendo estas infraccións ó Regulamento Xeral de Circulación, Vehículos e Condutores. (En 2014 foron 280).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.