Mos
Mozos mosenses disfrutarán dunha fin de semana branca en Leitariegos
Está programada para os días 19, 20 e 21 de febreiro como proposta de ocio saudable
![[Img #22456]](upload/img/periodico/img_22456.jpg)
A concellería mosense de Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón organiza, outro ano máis, unha excursión de fin de semana á neve na estación de Leitariegos (León), promovendo así posibilidades de ocio saudable entre a mocidade.
Esta excursión está programada para os días 19, 20 e 21 de febreiro. A saída da excursión será dende o Concello ás 17:00 horas da tarde con dirección a Leitariegos.
Os días 20 e 21 de febreiro, tralo almorzo e para aqueles que o soliciten, terá lugar un curso de esquí impartido pola escola de esquí e snowboard Narcea de Leitariegos. Finalmente, o día 21 ás 17:00 horas realizarase a viaxe de volta cara a Mos.
Poderán beneficiarse desta iniciativa todas aquelas persoas maiores de 18 anos, tendo prioridade as empadroadas no Concello de Mos.
O prazo de inscrición é ata o 12 de febreiro, presentando unha solicitude asinada e debidamente cumprimentada no Rexistro do Concello, xunto cunha fotocopia do DNI.
O día 12 de febreiro farase pública a lista de admitidos/as. A contía da viaxe por persoa dependerá da modalidade escollida. Para todas as modalidades inclúese: aloxamento de fin de semana (dúas noites, de venres e sábado, e de sábado a domingo), pensión completa: dúas ceas (venres e sábado), dúas comidas (sábado e domingo), e dous almorzos (sábado e domingo), viaxe en autocar ata o destino e retorno, seguro de accidentes e seguro de viaxe, seguro de accidentes en pista (coberturas: Gastos de rescate en pistas; asistencia médica por accidente; traslado sanitario e/ou repatriación en caso de accidente; traslado ou repatriación do asegurado falecido; indemnización de forfait non utilizado; indemnización por perda de clases de esquí; cobertura de falecemento accidental; cobertura de invalidez permanente segundo baremo establecido; seguro de responsabilidad civil) e dous días de remontes (forfait) na estación de Leitariegos.
Modalidades de viaxe
A Modalidade A (opción estándar) inclúe curso esquí, aluguer de equipos, viaxe, pensión completa, seguro de accidentes e o seu importe por persoa é de 142,50 euros. A Modalidade B inclúe o mesmo que a A menos o curso de esquí e custa 131,50 euros por persoa. A Modalidade C inclúe aloxamento en pensión completa, forfait, e seguro en pistas por 109,50 euros por persoa. E a Modalidade D inclúe aluguer de equipos, viaxe, pensión completa, seguro de accidentes, seguro en pistas e un plus polo aluguer de material específico para a práctica de snow board por 156,50 euros por persoa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191