Mos
Dous novos obradoiros para a mocidade mosense teñen aberto xa o prazo de inscrición
Trátase dun taller de automaquillaxe e outro de ‘Gyrokinesis’ para educar o lombo e previr lesións
![[Img #22459]](upload/img/periodico/img_22459.jpg)
A concellería mosense de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón promove dous novos obradoiros enfocados á mocidade do municipio: un taller de automaquillaxe e outro de ‘Gyrokinesis’ para educar o lombo e previr lesións.
O obradoiro de automaquillaxe contribuirá á mellora da autoestima e motivación dos participantes, a aprender a sacarse o maior partido para sentirse mellor consigo mesmos, e a que moitos deles, incluso máis aló dun uso persoal, descubran un interese para seguir formándose nesta materia de cara a unha saída profesional.
Este curso práctico, terá lugar do 18 de febreiro ó 17 de marzo, todos os xoves das 19:00 ás 22:00 horas, concretamente os días 18 e 25 de febreiro; e os días 3, 10 e 17 de marzo. O custe total do curso por participante será de 15 euros.
Por outro lado, a actividade teórico-práctica de ‘Gyrokinesis’ (Educa o teu lombo) ten como finalidade a adquisición de hábitos posturais concretos para a prevención de lesións. Realizarase todos os luns e venres pola tarde dende o 19 de febreiro ata o 29 de abril, sendo o horario de 18:30 a 19:30 horas. O custe total do curso por participante será de 15 euros.
As diversas actividades das que constan os obradoiros levaranse a cabo no Multiusos das Pozas de Mos, situado na parroquia de Petelos. Poderán beneficiarse destes obradoiros todas aquelas persoas maiores de 16 anos, preferentemente empadroadas no Concello de Mos. Os interesados en participar poderán acceder a estas actividades a través do cumprimento da solicitude que poden obter na OMIX, e no Rexistro Xeral do Concello ata o 12 e febreiro, ese día incluído. A lista de admitidos será publicada o luns 15 de febreiro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191