O Porriño
A alcaldesa do Porriño comprométese a acelerar a ampliación da empresa Lonza
![[Img #22464]](upload/img/periodico/img_22464.jpg)
Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, mantivo unha xuntanza de traballo con representantes de Lonza para tratar da ampliación da fábrica, unha necesidade “imprescindible” para que a compañía, líder a nivel mundial, poida completar o seu proxecto de expansión.
Segundo salientou o director xeral de Lonza Porriño, Luis Sánchez Ureña, o mesmo permitiría “duplicar a producción” e aumentar “significativamente” a súa plantilla, composta na actualidade por 352 traballadores, 295 das cales son fixos e 57 temporais.
A ampliación da planta-que ocupa unha extensión de preto de 35.500 metros cadrados -pasa, segundo lembrou o concelleiro de Urbanismo, Marcelino Coto, pola ‘modificación puntual’ do planeamento urbán, un trámite que a alcaldesa comprometeuse a acelerar solicitando unha entrevista co Goberno de Galicia, coa finalidade de que se remate axiña o informe previo de impacto ambiental.
O director xeral de Lonza Porriño sinalou que o obxectivo é que as obras poidan empezar en 2017, indicando que as mesmas facilitarán que a planta acade un volumen de negocio de 1.500 millóns de euros na vindeira década.
García de la Torre e Sánchez Ureña, tamén estudaron a posibilidade de que, como xa plantexou a alcaldesa ao Clúster do Granito e ao da Automoción, o Concello e Lonza colaboren na formación de desempregados de cara a súa integración laboral, un eido no que Lonza Biologics Porriño ten unha experiencia continuada cuia meta é dispor, nun prazo de dous anos, de persoas preparadas para incorporarse á fábrica porriñesa ou a calquera do grupo en todo o mundo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158