Domingo, 05 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 23 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta adxudicou xa 10 vivendas a familias en risco de exclusión ou en situación de desafiuzamento en Vigo e a súa área

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, pediu "maior compromiso" ao Concello de Vigo xa que ningún dos casos solucionados polo Goberno galego na cidade olívica foron coñecidos a través da administración local.

[Img #22490]

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, informou esta semana en rolda de prensa que, grazas as medidas tomadas polo Goberno galego para evitar desafiuzamentos, xa foron adxudicadas 10 vivendas a familias en risco de exclusión ou en situación de desafiuzamento na cidade de Vigo e na súa área.

 

López-Chaves lembrou a “política de compromiso” da Xunta coas medidas tomadas e os acordos rubricados coa Sareb e tres entidades financeiras (Abanca, Caixa Rural e Banco Sabadell) para dispor de vivendas baleiras coa fin de destinalas a familias en risco de desafiuzamento ou noutras situacións de dificultade. “A política social que persegue a Xunta de evitar que familias en risco poidan perder a súa vivenda está a dar os seus froitos”, considerou o delegado, quen especificou que en Vigo foron adxudicadas 5 vivendas –tres da Sareb e 2 de Abanca- mentres que se solucionaron outros dous casos no Porriño e dous máis en Salvaterra do Miño. Ademais, hoxe mesmo, unha familia viguesa en risco de desafiuzamento visitou unha vivenda en Tomiño que se axusta as súas necesidades ademais de ter confirmación da suspensión do lanzamento doutra familia de Teis que ía a producirse esta mesma semana.

 

 

A Xunta ten detectado que Vigo é a cidade galega con máis problemas sociais relacionados coa vivenda e está a por solucións a todos os casos que se coñecen

 

 

O delegado explicou que dende a Xunta se está a detectar que Vigo é a cidade galega “con máis problemas sociais relacionados coa vivenda” e que se están a coñecer os casos “por distintas vías” coma é o caso das asociacións Os Ninguéns ou Stop Desafiuzamentos pero non polo canle oficial, que debería ser o goberno municipal. “A pesares de que en Vigo temos a maior problemática social de desafiuzamentos, vemos que a administración local non informa ás persoas que poden acollerse aos programas da Xunta das súas posibilidades.  A política social do Concello non é a adecuada”, considerou o delegado, quen pediu “maior compromiso” ao alcalde, Abel Caballero. “Ningún dos supostos solucionados en Vigo foi comunicado polo concello”, informou López-Chaves, situación que lle parece “sorprendente” toda vez que “a porta de entrada das políticas sociais son os concellos”.

 

Pola súa banda, insistiu en que é a Xunta a que está a por solución a estes problemas cando se ten coñecemento deles pero sen a cooperación do Concello de Vigo. “Estamos a resolver casos concretos”, valorou, agradecendo así a colaboración de entidades coma Os Ninguéns “preocupadas en poñer en coñecemento da Xunta estes casos nos que se está a actuar”.

 

Nestes momentos a Administración autonómica está a dar resposta a unha familia viguesa do Calvario cunha vivenda en Tomiño que xa aceptou (xúntanse fotografías) ademais de solicitar o aprazamento ao Xulgado da orde de desafiuzamento para esta mesma semana. E o mesmo sucedeu con outra familia de Teis, a que tamén se lle solicitou un aprazamento dende a Xunta de Galicia ademais de prestarlle asesoramento sobre a solicitude do Bono de Alugueiro Social e resolver a concesión dunha axuda de 1.065 euros. Para este caso, esta mesma mañá se coñecía a suspensión do lanzamento da súa vivenda.  

 

 

Hoxe mesmo, unha familia viguesa do Calvario en risco de desafiuzamento visitou unha vivenda en Tomiño que se axusta as súas necesidades ademais de quedar suspendido o lanzamento doutra familia de Teis que ía a producirse esta semana

 

 

Por último, López-Chaves incidiu no feito de que dende a Consellería de Infraestruturas e Vivenda tamén se pediu ás entidades financeiras “un especial esforzo” na nosa cidade para que cedan máis vivendas en Vigo debido á problemática detectada e que dende o Concello de Vigo se teñan “sensibilidade social” con este tipo de casos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.