PONTEAREAS
O PP pedirá no pleno explicacións sobre a compatibilidade de dous dos concelleiros de goberno
![[Img #22498]](upload/img/periodico/img_22498.jpg)
"Despois da asignación das dedicacións totais e parciais aos membros da corporación municipal, pódese comprobar que existen dous concelleiros do goberno local que están a percibir dous soldos dende o inicio desta lexislatura: un do Concello e outro doutras administracións públicas" aseguran dende o PP nun comunicado de prensa emitido recentemente.
Os populares explican que "a Lei 53/1984 de Incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas ten como principio xeral a non compatibilidade dun segundo posto de traballo, nin retribución do mesmo, salvo excepcións e cumprindo certos requisitos".
Polo tanto, era "indispensable e urxente", segundo o PP, que "ditos concelleiros/as solicitasen as previas e expresas autorizacións de compatibilidade no pleno, que non supoñan modificacións das súas xornadas laborais e horarios nos dous postos de traballo públicos e con estrito cumprimento en ambos, así como tamén que a cantidade total percibida por ambos postos de traballo non supere as remuneracións previstas na lei".
Ademais, a Lei de Incompatibilidades e a Lei de Bases de Réxime Local din que “os concelleiros que sexan persoal das administracións públicas soamente poderán percibir retribucións pola súa dedicación parcial sempre que a desempeñen fóra da súa xornada de traballo na administración”. Así como tamén, que "as dúas administracións públicas deben comunicarse a xornada respectiva en cada unha delas, as retribucións que se perciban e calquera modificación posterior que se produza".
Explican dende o PP que "a Lei sinala que para o desempeño dunha segunda actividade será indispensable a previa e expresa autorización de compatibilidade, razón pola que dende o PP entendemos que existe unha situación de irregularidade con respecto a estes dous concelleiros/as do goberno, xa que aínda tendo solicitadas e comunicadas estas situacións, estas deberíanse traer ao pleno municipal, xa que é este o órgano competente para a declaración de compatibilidade. Cabe recordar que mentres gobernou o PP, leváronse ao pleno todas aquelas solicitudes de compatibilidade de todolos traballadores municipais".
Tamén, o PP pregúntase "por que foi a Xunta de Goberno Local a que acordou aprobar as retribucións dos trienios (aproximadamente 3.000 euros ano a maiores) á concelleira de ensino, do BNG, Dna. Mª Cristina Fernández e non o pleno municipal, xa que foi o pleno quen aprobou as retribucións a percibir polas dedicacións exclusivas e parciais".
Para o PP "é sorprendente que o Sr. Alcalde, ata o día de hoxe, non trouxera ao pleno municipal ditas solicitudes de compatibilidade, onde se aclarasen cales son os horarios da xornada laboral que están desempeñando estes concelleiros/as neste Concello".
Ademais, dende o PP, din que "estes concelleiros/as están incumprindo os horarios nos seus dous postos de traballo, xa que a lei di que os horarios teñen que estar condicionados ao seu máis estrito cumprimento en ambos postos de traballo".
Para rematar "por si fose pouco, para o PP e para todos os veciños e veciñas de Ponteareas, o que resulta menos entendible é que estes concelleiros/as do goberno perciban retribucións máis alá do estritamente necesario, xa que están a percibir dúas retribucións de dúas administracións públicas que suman preto dos 50.000 euros brutos anuais cada un deles".
Cuestión esta pola que, segundo o PP, "estes concelleiros e o goberno municipal deberían explicarlles aos veciños/as, aos máis desfavorecidos, aos desempregados desta vila e aos seus votantes, por que tomaron esta decisión, cando os partidos de esquerda aos que supostamente representan, presumen de ser os únicos defensores da equidade, da solidariedade, da xustiza e da emerxencia social".
Dende o PP, aseguran que "esta é a demagoxia coa que algúns áctuan e preguntámonos, como o Alcalde e o seu goberno poden defender eticamente esta maneira de actuar, xa que cando o BNG e o PSOE estaban na oposición, criticaban unha e outra vez ao anterior Alcalde e aos concelleiros do PP, con menor número de dedicacións que agora, acusándoos, día tras día, de que só viñan ao Concello a cobrar, cando agora, o que esta acontecendo resulta realmente incrible"
"Agora son seis as dedicacións o que supón un maior gasto para as arcas municipais que ben o podían destinar a políticas sociais que tanto pregonan" conclúen.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149