PONTEAREAS
ACIP pide que o Concello imparta cursos de manexo de produtos fitosanitarios
A nova regulamentación sobre o uso sostible de produtos fitosanitarios fai que, para mercar ditos produtos, os compradores deberán estar inscritos no Rexistro Oficial de Produtores e Operadores (ROPO), logo de facer o correspondente curso. Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACIP, alertou xa sobre" a incidencia que terá esta regulamentación sobre moitos veciños e veciñas de Ponteareas", polo que pediu no último pleno que o Concello poña en marcha estes cursos, de xeito urxente, a través do CDL.
Segundo sinala a concelleira de ACIP, Raquel Bautista, a antedita regulamentación define como usuario profesional “a calquera persoa que utilice produtos fitosanitarios no exercicio da súa actividade profesional, incluídos operadores, técnicos, empresarios ou traballadores autónomos tanto no sector agrario como noutros sectores”.
Isto, explica Bautista, engadido ao feito de que só as persoas que estean inscritas no ROPO e, polo tanto, en posesión do correspondente carné “poderán mercar produtos fitosanitarios para uso profesional, como por exemplo o sulfato, fai que moitos dos nosos veciños e veciñas non terán, de agora en adiante, acceso a ditos produtos”.
A falta de información, tanto por parte do Concello de Ponteareas “que creou unha concellería específica de Medio Rural” como por parte da Xunta de Galicia, fai que ao non poder mercar os produtos fitosanitarios que precisan “moitos veciños os merquen en Portugal, ignorando que ditos produtos do país veciño non están autorizados no noso territorio e arriscándose a importantes multas”.
Lamenta Raquel Bautista que o Concello de Ponteareas, contando cunha concellería específica de Medio Rural, non se tivera preocupado “en crear convenios coa Cámara de Comercio e con empresas que realizan ditos cursos e colaboraron económicamente cos veciños para que o custe destas accións formativas fora menor”.
Doutra banda, sinala a concelleira de ACIP, a propia regulamentación é inxusta xa que non fai diferencia de usuarios por franxas de idade “xa que as persoas maiores, pola súa idade, teñen unha maior dificultade en realizar os cursos o que fixo que en Portugal, por exemplo, os maiores de 65 quedaran exentos da súa realización”.
Polo tanto, a moción de ACIP, aprobada por unanimidade de todos os grupos, pedía que, por parte do Concello se poña en marcha, de inmediato “unha campaña de información para que os veciños teñan unha axeitada información e se poñan en marcha cursos de maneira urxente a través do Centro de Desenvolvemento Local”.
Por outra banda, amais da creación da “correspondente partida orzamentaria nos presupostos do 2016 para sufragar o gasto de ditos cursos e que supoña un menor custe para os veciños”, a moción pedía que o Concello diríxase á Xunta de Galicia “para esixir, a través da Oficina de Extensión Agraria, a creación de cursos” en coordinación coa administración local ponteareá”.
Finalmente, ACIP facía fincapé na necesidade de que o Concello diríxase ao Ministerio de Agricultura “para que exima de ditos cursos aos maiores de 65 anos e estes cursos sexan substituídos por un curso de formación de uso dos produtos fitosanitarios”.
Lamenta finalmente, Raquel Bautista, que o concelleiro de Medio Rural, Manuel Troncoso, “'pasase' de facer uso da palabra no pleno, sobre este tema, que afecta directamente ás competencias da súa Concellería”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149