Mos
A Axencia de Colocación de Mos continúa a apostar polo fomento da empregabilidade con dúas novas iniciativas
Organiza unha charla sobre Acreditación de Competencias Profesionáis Adquiridas a través da Experiencia Laboral e un Programa de Competencias Crave no marco do Programa Estatal para a Mellora da Empregabilidade, a Cualificación e a Inserción Laboral dos Mozos Menores de 30 Anos
![[Img #22506]](upload/img/periodico/img_22506.jpg)
A Axencia de Colocación de Mos, dependente da concellería de Promoción Económica e Emprego que dirixe o edil Óscar Soto, organiza dúas novas iniciativas de gran interese nas súas instalacións. Trátase dunha charla sobre Acreditación de Competencias Profesionáis Adquiridas a través da Experiencia Laboral e un Programa de Competencias Crave no marco do Programa Estatal para a Mellora da Empregabilidade, a Cualificación e a Inserción Laboral dos Mozos Menores de 30 Anos.
A charla sobre Acreditación de Competencias Profesionáis Adquiridas a través da Experiencia Laboral terá lugar na Axencia de Colocación do Concello de Mos (salón de actos), o día 22 de xaneiro, ás 12:00 horas. A charla será impartida pola orientadora laboral do Plan Integrado de Emprego, PIE Mos 3.0, Ana Concheiro, e pola orientadora laboral do Servizo de Orientación Laboral (IOBE) do Concello. Está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en obter o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional e vías non formais de formación. O obxectivo principal desta actividade é informar sobre o procedemento, requisitos de participación e xustificación desa experiencia ou formación.
O Programa de Competencias Crave é un programa xestionado por Academia Postal, entidade colaboradora da Axencia de Colocación do Concello de Mos, no marco do Programa Estatal para a Mellora da Empregabilidade, a Cualificación e a Inserción Laboral dos Mozos Menores de 30 Anos. Está dirixido á obtención das competencias crave necesarias para poder acceder a Certificados de Profesionalidade de nivel 2. Trátase dun Programa gratuíto para todas aquelas persoas interesadas, que cumpran cos requisitos. Este curso está dirixido especialmente para aqueles mozos con baixa cualificación, que desexen mellorar as súas competencias profesionais e aumentar as súas posibilidades de inserción ou permanencia no mercado de traballo, xa que tras a súa finalización obterán un diploma oficial que lles habilitará para acceder a un Certificado de Profesionalidade de nivel 2. Esta formación terá unha duración de 420 horas, e terá carácter presencial.
Todas aquelas persoas interesadas en participar nalgún dos programas/charlas, deben solicitar a súa participación a través do correo electrónico: info@axenciadecolocacionmos.es ou chamar ao teléfono 986487786.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191