Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 21 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga)

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura e Lecer, Normalización Lingüística e Turismo, que dirixe Hortensia Bautista Fernández, quere informar da convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística das probas oficiais para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga).

 

O prazo para poder inscribirse nas probas para a obtención do certificado que acredite o coñecemento da lingua galega rematará o día 8 de febreiro de 2016 e a realización das probas terá lugar os días  2,3,9 e 10 de abril de 2016.

 

Todas aquelas persoas interesadas na realización destas probas poden dirixirse ao Servizo Municipal de Normalización Lingüística, situado no segundo andar da Casa do Concello, onde recibirán información, asesoramento, poderán recoller a solicitude e o impreso de taxas, ademais de recibir información sobre todos aqueles aspectos relacionados coa obtención dos certificados de lingua galega (Celga). Igualmente, poderán consultar todos os aspectos relacionados con esta convocatoria na páxina web do Concello.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.