Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 22 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Oia

Ecoloxistas denuncian agresións nun dos espazos de maior valor ecolóxico da serra da Groba

Os colectivos Matogueira, Fontaíña, Verdegaia, Morcegos de Galicia, Amigos da Terra, Adega, Salvemos Monteferro, SOS Groba, A Ría Non Se Vende, Asociación Gallega para la Conservación de la Biodiversidad, A Terra Non Se Vende, Equo e o Clube Espeleolóxico Maúxo denuncian publicamente as "agresións que sufríu recentemente un dos espazos de maior valor ecolóxico da serra da Groba: a braña do Campo do Costado, situada no nacemento do río de Mougás".

 

[Img #22552]"As obras, contratadas pola Comunidade de Montes de Mougás e financiadas con Fondos Europeos Feader, consistiron no peche perimetral, desbroce sistemático, subsolado e plantación dunha superficie aproximada de 30 ha. na conca alta do río Mougás, que está poboada por 5 hábitats de interese comunitario incluídos na Directiva 92/43/CE: Pendentes rochosas silíceas con vexetación casmofítica (código 8220), Ríos de piso colino a montano, con vexetación de Ranunculion fluitantis (Código 3260), Breixeiras secas europeas (código 4030), Formacións herbosas con Nardus (código 6230) e Breixeiras húmidas atlánticas con Erica ciliaris (código 4020). Estas dúas últimas coa consideración de 'hábitats prioritarios' na lexislación europea" explican nun comunicado.

 

"Entre as especies afectadas figura o narciso coñecido como “mallo” (Narcissus cyclamineus), que está incluído no Catálogo galego de especies ameazadas. No lugar habitan ademais diversas especies animais pouco frecuentes na costa sur galega, como son a lebre (Lepus granatensis) e o miñato abelleiro (Pernis apivorus)" aseguran.

 

Para estes colectivos "a existencia destes valores motivou que a Xunta de Galicia incluíse este espazo na súa Proposta de ampliación da Rede Natura 2000 do ano 2012, dentro do novo LIC “Serra da Groba e Monte da Valga”. Posteriormente, o abandono do proceso por parte da Administración galega deixou esta serra nunha situación de absoluta desprotección".

 

"Entre os efectos máis graves que puidemos observar sobre o terreo destacan: A apertura de sulcos con maquinaria pesada dentro de dous hábitats de conservación prioritaria. O subsolado realizouse en liñas de máxima pendente, de maneira que as escorrentías producidas polas choivas están escavando zangras que ameazan con drenar e secar o humidal; O peche do curso alto do río Mougás, que non respeta a preceptiva servidume de paso; A expulsión dos cabalos que habitan en liberdade na serra da Groba desta importante área de pastos húmidos e abrevadeiro. O labor que realizan resulta fundamental para a preservación do humidal e das comunidades de plantas que nel medran. A exclusión dos cabalos ameaza con afectar gravemente á biodiversidade deste espazo natural, especialmente no caso das especies máis pequenas e vulnerables, como son as plantas insectívoras ou orballiñas (Drosera intermedia);  A transformación de carrasqueiras secas europeas (hábitat de interese comunitario 4030) en novas plantacións de piñeiros e o verquido de residuos sólidos sobre o humidal (como bandexas forestais), así como o abandono de máis de 700 plantas de freixo (especie inapropiada para estes terreos) amoreadas no lugar de plantación".

 

Por estes motivos, esixen "a restitución do espazo natural ás súas condicións anteriores, así como que a Administración analice a posible vulneración da normativa ambiental no referido á lexislación de augas e de protección de hábitats prioritarios e de especies catalogadas".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.