Martes, 16 de Diciembre de 2025

Xornal21
Lunes, 25 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O Concello de Salvaterra recolleu máis de 3.500 quilogramos de alimentos nesta pasada campaña de Nadal

Marta Valcárcel amósalles o seu agradecemento ás entidades locais e atodas aquelas persoas anónimas colaboradoras da campaña de Nadal para o Banco de Alimentos Municipal.

O Concello de Salvaterra de Miño, a través da Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Marta Valcárcel, recolleu máis de 3.500 quilogramos de alimentos nesta pasada campaña de Nadal 2015-2016.


Desta forma, as máis de 200 persoas, entre as que se atopan un elevado número de menores, que atende mensualmente os Servizos Sociais, puideron pasar dunha maneira o máis normalizada posible unhas datas tan significativas, nesa mesma liña foron entregados diversos xoguetes as familias con nenos, aínda que este traballo se estende a todos os meses e días do ano.


Os alimentos en doazón proceden de organismos como Cruz Roja, da compra mensual que realiza o propio Concello para completar unha cesta de alimentos equilibrada e da colaboración de  empresas, da recollida en centros escolares ou foron froito da recollida en diversas actividades.

 

Servizos Sociais deu cobertura a diferentes necesidades de máis de 250 persoas no ano 2015

 


Desde a súa creación en 2009, o Banco Alimentos Municipal leva repartido máis de 82.000 quilogramos de comida a familias salvaterrenses que están a pasar por unha situación delicada.


Pero o traballo que realiza Servicios Sociais no Concello non se queda exclusivamente nesta línea de actuación, dende a Concellería destacan as axudas para a adquisición de  libros e material escolar para nenos de infantil, Salvaterra foi un dos primeiros Concellos en ofrecer esta liña de axudas e as axudas de emerxencia Social  que están destinadas a pagos puntuais como recibos de luz, gas, aluguer, ou gastos extraordinarios, etc. Estas solicitudes tramítanse a través de Servizos Sociais, que examina e analiza as solicitudes unha por unha, tendo en conta todas as casuísticas da unidade familiar así como os ingresos e gastos familiares.

 

 En total Servicios Sociais de Salvaterra atendeu directamente no ano 2015 as necesidades básicas de máis de 250 veciños.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.