Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 23 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello do Porriño acometerá obras de urxencia no exterior de varias vivendas de Torneiros

[Img #22559]

 

A alcaldesa do Porriño, acompañada polo tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, e a concelleira Lourdes Moure, visitou este xoves un dos inmobles da III Fase de Torneiros, o do número 23-2, que ten problemas de repisamento e humidades, como comprometérase cos inquilinos do mesmo.

 

Eva García de la Torre percorreu con varios veciños as zonas común do edificio, o soto e as parte exterior, comprobando o deterioro. Ante esta situación, e dacordo coa opinión dos técnicos municipais, inmediatamente procederase á reforma completa das escaleiras de entrada ao devandito número, á revisión das canalizacións de auga e ao cambio das beirarrúas de todo o perímetro para evitar os asolagamentos dos sotos que, como comprobou a alcaldesa, acadaron, nalgunha ocasión, máis dun metro de altura, achegándose aos contadores de luz.

 

Nos vindeiros días, empezarán os primeiros traballos empezando pola substitución completa dos chanzos exteriores do portal-que deixarán, ademais, espazo a unha rampla para o uso de persoas con mobilidade limitada-; a subida das beirarrúas, coa finalidade de acabar coas filtracións producidas pola choiva, e a reposición das tubaxes actuais da fachada, a meirande parte delas de ‘fibrocemento’.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.