TURISMO
As oficinas de Turismo Rías Baixas renovan a Q de calidade
O Instituto para a Calidade Turística Española entregou os Premios Q 2015 nunha gala celebrada no marco de FITUR á que asistiu o deputado provincial Santos Héctor.
![[Img #22560]](upload/img/periodico/img_22560.jpg)
As oficinas de turismo do Palacete das Mendoza, en Pontevedra, e do Mosteiro de Armenteira, en Meis, recibiron o distintivo Q de Calidade Turística, durante a gala de premios que se celebrou na noite do 21 de xaneiro no marco da feira FITUR, e á que asistiu o deputado provincial de Turismo, Santos Héctor. A distinción, que se logrou por primeira vez o ano pasado, supón un recoñecemento á calidade dos servizos prestados por Turismo Rías Baixas.
O presidente do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), Miguel Mirones Díez, fixo entrega en Madrid dos Premios Q 2015, que recoñecen anualmente aquelas empresas e institucións que apostan pola calidade turística. Entre as entidades recoñecidas, atópanse as dúas oficinas de información turística de Turismo Rías Baixas, ubicadas en Pontevedra e en Meis.
Os puntos de información de Turismo Rías Baixas recibiron por primeira vez a Q de Calidade no ano 2015, de xeito que se converteron nas primeiras oficinas turísticas de Galicia en alcanzar a distinción. Para lograrlo, superaron unha estrita auditoría que valorou a calidade das instalacións, o servizo de atención e de acollida ao turista e a continua mellora dos medios técnicos e humanos.
A xestión das oficinas de Turismo Rías Baixas contan cun Manual de Calidade que especifica os procedementos que han de seguir as súas oficinas para prestar un servizo que satisfaga as necesidades dos visitantes. Ademais de proporcionar información presencial sobre a oferta turística da provincia, Turismo Rías Baixas tamén participa na preparación de material para feiras, eventos e congresos, no desenvolvemento de campañas on line e na recollida de datos estatísticos sobre o turismo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148