Mos
Alcaldesa e concelleiras presentan a programación de Entroido en Mos
O prato forte é o tradicional desfile de comparsas do domingo 7 de febreiro ás 17:30 horas na Avenida de Sanguiñeda, que conta con 21 agrupacións inscritas
![[Img #22565]](upload/img/periodico/img_22565.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro, e a edil mosense de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, presentaron hoxe a programación para o Entroido, que como cada ano contará cunha festa para os usuarios de ASODIFISI as Escravas da Virxe Dolorosa, e nesta ocasión tamén de Doral Residencias; unha festa infantil, os obradoiros infantís de Entroido e o tradicional desfile de comparsas.
A festa de Entroido para os usuarios de ASODIFISI, das Escravas da Virxe Dolorosa e de Doral Residencias terá lugar o venres 5 de febreiro das 17:00 ás 20:00 horas no Multiusos das Pozas.
A festa infantil “Luns de Entroido”, enmarcada dentro do programa “Ocio en Familia: Mos Familiar”, para familias con nenos e nenas de ata 12 anos, será o luns 8 a partires das 17:00 horas, tamén no Multiusos, e contará con obradoiros de globoflexia, e maquillaxe, área infantil interior para nenos de ata 3 anos de idade, zancudos e a actuación do grupo musical “As Pamisuky”. Ademais realizarase un desfile infantil de disfraces e tódolos cativos asistentes contarán coa presencia dun total de 5 monitores.
Tamén é unha cita recurrente cada ano a dos obradoiros infantís de Entroido, ideais para fomentar a conciliación da vida familiar e laboral dos pais de nenos/as en idade escolar durante as vacacións dos pequenos e solventar o conflito que eles poden ter á hora de conciliar os horarios para non deixalos desatendidos. Estes obradoiros constitúen unha excelente alternativa de ocio e tempo libre para os cativos mosenses mentres os seus pais e nais traballan.
A iniciativa consta dun taller na Ludoteca Municipal ubicada en San Rafael, parroquia de Pereiras, que terá lugar os días 8, 9 e 10 de febreiro dende ás 10:00 horas ata ás 14.00 horas, cun servizo opcional de aula matinal a partires das 08:30 horas, e que está dirixido a nenos de 3 a 12 anos. O custe por participante é de 20 euros, e 12 euros máis no caso de utilizar a aula matinal.
O prazo de inscrición estará aberto dende o 26 de xaneiro ata o 4 de febreiro, ambos incluídos, no Rexistro Xeral ou na oficina da OMIX do Concello de Mos (Multiusos das Pozas). A lista de admitidos publicarase o día 5 de febreiro.
E o que sen dúbida non podería faltar é o tradicional desfile de comparsas de Mos, que se celebrará o domingo 7 de febreiro ás 17:30 horas na Avenida de Sanguiñeda. O prazo de inscrición neste desfile rematou onte e conta cun total de 21 comparsas participantes inscritas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191