DEPORTES
Os deputados provinciais do PP piden "apoio" para o Rallye Rías Baixas
A portavoz do PP, Nidia Arévalo, esixe “unha rectificación urxente” da presidenta e asegura que o boicot á proba deportiva “é unha decisión política tomada en contra do que piden e queren os cidadáns de 7 municipios da provincia”.
![[Img #22571]](upload/img/periodico/img_22571.jpg)
O goberno bipartito da Deputación de Pontevedra "terá que explicar nun pleno as razóns polas que durante tres meses se negou a reunirse coa organización do Rallye Rías Baixas, e o motivo polo que se denegou finalmente a axuda que viña prestando a esta proba desde os seus inicios, fai xa medio século" explican dende O PP..
A portavoz popular, Nidia Arévalo, anunciou onte a solicitude dun pleno extraordinario, acompañada polos deputados Elena Muñoz, Ángel Moldes e Julio Alén. O PP considera “lamentable” que a escuadra organizadora do Rallye máis concorrido de Galicia tivese que anunciar a desaparición deste evento “pola negativa política do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e da presidenta da Deputación, Carmela Silva, a seguir achegando o financiamento habitual”, 36.000 euros en total, dos 120.000 nos que se calcula o orzamento global da competición.
Arévalo tachou de “bochornosas” as escusas do portavoz socialista no Concello de Vigo e deputado provincial Carlos Font, que se limitou a dicir este xoves que o Rallye “non está entre as prioridades do goberno socialista vigués” e que o Concello “aposta polo deporte base”, nunhas declaracións ratificadas hoxe mesmo polo alcalde vigués Abel Caballero.
O grupo popular lembra que o Rías Baixas reunía cada ano a máis de 60.000 espectadores, xeraba actividade económica e promoción turística na provincia e trátase do maior evento deportivo do motor en Galicia.
Para a portavoz popular na Deputación, o PSOE iniciou unha “persecución política” contra esta proba obviando o interese xeral dos veciños, esquecendo que afecta a un total de sete municipios e facendo caso omiso do beneficio que reporta anualmente esta competición ao turismo, a hostalería e a promoción turística da provincia, moi especialmente no entorno de Vigo.
“¿Como se pode gobernar tan mal?”, preguntouse a deputada do PP, e “¿como é posible viaxar a Fitur para falar da promoción da provincia o mesmo día en que o Rallye Rías Baixas, que é o maior evento deportivo do mundo do motor en Pontevedra, anuncia a súa defunción por culpa de Caballero e da súa cómplice Carmela Silva?”.
Os deputados provinciais, que mantiveron esta mesma mañá unha reunión co presidente da Escudería Rías Baixas, Fernando Mouriño, constataron que os organizadores do rallye remitiron a súa primeira carta á presidenta do organismo provincial en setembro.
“Non houbo contestación -dixo Arévalo-, como tampouco a houbo ás seguintes solicitudes presentadas ese mesmo mes, en outubro e, máis tarde, en novembro”. Foi un ultimato dos organizadores, o 7 de xaneiro, o que forzou unha resposta formal.
“Respondeu o gabinete de presidencia en lugar de facelo a propia Carmela Silva”, recriminou o grupo popular, “e cominóuselles a ‘estar atentos’ á convocatoria de axudas que nin sequera está deseñada nin é aínda pública”.
“Parécenos lamentable que a cidade e a comarca que vive do automóbil rexeite colaborar coa festa do motor por excelencia, que move anualmente máis de 60.000 persoas, que ten 52 anos de historia e coa que sempre colaboraron todas as institucións”, concluíu Nidia Arévalo.
“Pedirémoslle ao goberno bipartito da Deputación que reconsidere o seu bloqueo a esta proba e sente a dialogar coa escuadra organizadora para salvar unha competición con 52 anos de historia.”, dí Arévalo.
O PP cualifica de “gravísima” a desaparición do Rías Baixas, e espera unha “rectificación urxente” da Deputación e do Concello de Vigo. Os deputados provinciais confían en que o pleno que solicitarán “sirva para que Carmela Silva e Caballero recapaciten e senten a dialogar cos organizadores desta proba para non deixala morrer”.
“Pedirémoslle ao goberno bipartito da Deputación que reconsidere o seu bloqueo a esta proba e sente a falar coa escuadra organizadora para salvar unha competición con semellante historia.”, dixo.
Arévalo realizou un chamamento a todos os Concellos implicados, e tamén aos afeccionados ao motor, para “forzar” un cambio do actitude do PSOE neste asunto, “como xa ocorreu recentemente co tradicional certame de rondallas que tamén se facía en Vigo e que a punto estivo de perderse este ano por motivos moi semellantes”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149