Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 26 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A alcaldesa do Porriño apoia ás traballadoras de Linorsa ás que a empresa adebeda salarios

[Img #22579]

 

Eva García de La Torre, alcaldesa do Porriño, recibiu á ducia de empregadas de Linorsa encargadas da limpeza dos colexios públicos e dos servizos xerais do Concello, que dende o 18 de xaneiro están realizando distintas mobilizacións, en toda a provincia, para esixir o pagamento dos salarios que a empresa lles adebeda.

 

As traballadoras informaron á alcaldesa que Linorsa pagou unicamente a metade do salario do mes de decembro. Ademais, comentaron a Eva García de la Torre que a firma comunicoulles o 29 de decembro que Facenda lle bloqueara as contas.

 

Este mesmo venres, a plantilla presentou no Rexistro do Concello un escrito no que pide ao goberno local do Porriño que rescinda o contrato con Linorsa xa que, entenden, o impago das nóminas é motivo para a súa anulación, segundo os termos do mesmo. A vinculación do Concello con Linorsa empezou en 2012 cunha duración de dous anos e a posibilidade de renovación por dous máis, de xeito que o mesmo remataría este 2016.

 

Eva García de la Torre atendeu as demandas das traballadoras, amosoulles o seu total apoio e engadiu que o goberno local non tolerará que calquera concesionaria de servizos locais incumpra a súas obrigas legais e laborais para cos seus empregados.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.