O Porriño
Acipor e a Asociación de Panadeiros lanzan a campaña “Pan do Porriño, Pan de Panadaría” apadrinada pola actriz Areta Bolado
![[Img #22591]](upload/img/periodico/img_22591.jpg)
O Concello do Porriño foi testigo hoxe da presentación da campaña “Pan do Porriño, Pan de Panadaría, o proxecto da Asociación de Comerciantes (ACIPOR) e de Panadeiros do Porriño co que queren impulsar a imaxe do tradicional pan porriñés.
Á roda de prensa a que asistiu a presidenta de ACIPOR, Juana Pérez, a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre e o concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, unha nutrida representación do sector panadeiro do Porriño e a actriz porriñesa, Areta Bolado, premio María Casares de Teatro Galego, que apadrinou a campaña.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, quen asistiu á presentación desta iniciativa este luns no Concello, acompañada polo concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, reivindicou a declaración como parte do proxecto do goberno local de potenciar a "marca Porriño" que, salientou, "abrangue todo o que temos todo o que somos, polo cal Porriño é coñecido dentro e fora de Galicia e, sen dúbida ningunha, unha deses sinais propios é o noso pan, un dos mellores do mundo".
Pola súa banda o concelleiro de Comercio, logo de gabar o traballo dos comerciantes e panadeiros porriñeses, puxo ao seu dispor toda colaboración do Goberno local para sacar adiante esta proposta. Marcelino Coto adiantou que o plan de orzamentos para este ano recolle unha partido concreta para ista finalidade, e comentou que o Concello está a estudar que "o pan do Porriño teña un día de seu ou unha feira que permita poñelo en valor".
A presidenta da ACIPOR, Juana Pérez, destacou a tradición panadeira do Porriño como un “dos tres ou catro temas que definen a Porriño”, e destacou a historia do pan do Porriño e do papel que que este pan ten na historia do Porriño. Os representantes dos panadeiros,, "moitos dos cales descenden dos primeiros que empezaron a facer, na época napoleónica o primeiro pan que fixo famoso a Porriño, o "pan de munición", animou aos mesmos a continuar a tradición que levou ao pan do Porriño a ter sona na bisbarra, na provincia e máis aló para facer do noso pan un pan de altísima calidade.
Asimesmo, agradeceu ao concello a súa implicación e pediu o maior apoio a este proxecto, ao que sumou, incluso a petición de que o pan do Porriño conte cun evento gastronómico propio e diferenciado.
Unha Festa para o Pan do Porriño e un Regulamento Propio.
Así, ACIPOR e Panadeiros, ratificaron a necesidade de que O Porriño conte cun evento propio para reivindicar o pan do Porriño, evento que debería ser diferenciado doutros xa esistentes, como a Festa dos Callos do Porriño.
O sector panadeiro representado hoxe na figura de Juan “Chinchina”, agradeceu a ACIPOR o seu apoio na Campaña e ao Concello pola vontade de implicarse no mesmo. O Presidente da Asociación de Panadeiros, Jose Antonio Argibay, tamén afirmou ademáis de loitar por estar presentes cun subetiquetado propio na IXP “Pan Galego” que recoñeza o carácter singular do “Pan do Porriño”, a nivel local se abre un proceso traballoso no que os panedeiros que traballamos para ter unha marca propia, a do Pan do Porriño teremos que poñernos dacordo no novo regulamento que vai servirnos de marca, que será un traballo longo, pero no que estamos implicados.
Areta Bolado, madriña e imaxe da campaña
A actriz porriñesa Areta Bolado, premio María Casares de Teatro Galego, herdeira dunha longa tradición panadeira, e integrante da compañía de teatro “A Panadaría”, que na actualidade conta por éxitos as súas obras “Pan, Pan!” ou “Panamericana”, foi a madriña da campaña, da que asegurou sentirse “moi orgullosa como porriñesa”.
Areta "é hoxe a voz" deste proxecto”, neta e bisneta de panadeiros, "de feito a miña compañía chámase A Panadaría", resumiu nunha frase a forza desta proposta, "como dixo Federico García Lorca cando inaugurou a biblioteca do seu pobo, Fuente Vaqueros: só precisamos medio pan e un libro...o pan e cultura e a cultura é alimento".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85