Mos
Protección Civil de Mos recibe un novo remolque para emerxencias
![[Img #22595]](upload/img/periodico/img_22595.jpg)
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Mos conta con novo material de emerxencias tras recibir hoxe un novo remolque con material para intervención.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda fixo entrega dun novo equipamento para Agrupacións de Protección Civil a varios concellos da provincia de Pontevedra, nun acto no que tamén participaron o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves e o de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.
Os concellos de Barro, O Grove, A Guarda e Pontecesures recibiron hoxe un todo terreo pick up; e os concellos de Cangas, Mos, Agolada e a Mancomunidade de Val Miñor, integrada polos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán recibiron un remolque de emerxencias equipado con electro bombas somerxibles, motobombas para augas residuais, xerador de electricidade portátil de gasolina, motoserras, rozadoras de 3 CV, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización.
![[Img #22594]](upload/img/periodico/img_22594.jpg)
O acto de entrega tivo hoxe lugar na Delegación Territorial da Xunta en Vigo, onde o titular da Vicepresidencia destacou que tanto Xunta coma concellos recoñecen o importante labor que levan a cabo cada día os voluntarios de Protección Civil, polo que grazas a esta nova entrega dótase ás agrupacións dunha importante mellora nos medios materiais e permite mellorar a eficacia das actuacións na prevención de riscos e nas intervencións nas emerxencias.
Por iso, dende o Goberno galego trabállase para que estes profesionais poidan contar cos mellores medios e traballen nas mellores condicións. Por unha banda, coa aposta pola súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública; e por outra banda, dotándoos dos mellores medios materiais para poder levar a cabo este labor.
Nos últimos meses foron destinados máis de 4 millóns de euros a reforzar con medios materiais as agrupacións de Protección Civil alí onde máis o necesitan, xa que foron eles mesmos os que trasladaron en distintas reunións que era o que máis precisaban. Entregáronse xa máis de 40 furgóns, aos que se sumaron outros tantos todoterreos, 60 remolques e 30 esparexedores de sal.
Concretamente, na provincia de Pontevedra tense incrementado a dotación de máis de 40 concellos, con 20 todoterreos, 7 furgóns, 8 remolques de emerxencias e 7 lanchas, ademais de carpas, equipos de excarceración e esparexedores de sal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191