Mos
Mos aproba o pago de 480 mil euros a proveedores cos votos en contra da oposición
Arévalo asegura que o Concello de Mos investiu fondos "que permitiron non descoidar os servizos sociais e públicos na recta final de 2015". GañaMos, PSOE e BNG votaron en contra.
![[Img #22598]](upload/img/periodico/img_22598.jpg)
O Concello de Mos aprobou hoxe na sesión plenaria ordinaria do mes de xaneiro que se celebrou esta mañá no Pazo de Mos un importe de preto 480.717,03 euros "que permitiu non descuidar os servizos sociais e públicos na recta final do pasado ano 2015" explican.
"Este case medio millón de euros foi para dar cobertura ás necesidades reais dos veciños e veciñas de Mos, tratándose nalgúns casos incluso de demandas veciñais propiamente ditas. Moitas delas consistiron na continuación por parte da administración local de obras iniciadas a través de plans promovidos por administracións supramunicipais (tal e o caso da estrada González Ballesta na parroaquia de Cela), tales coma asfaltados, melloras diversas en estradas, saneamentos (coma o acometido en Gándara por exemplo) e traballos de pintado urxente de viais, ou a acometida de beirarrúas baixo a ponte da autovía na Porteliña o pasado mes de decembro, obra urxida polos habitantes da zona. Outra das obras non previstas foi o arranxo dunha fuga de auga na Biblioteca Municipal que, como é lóxico, tratouse dun traballo a todas luces imprevisto e inesperado. A este capítulo de Vías e Obras correspóndenlle 266.331,49 euros do total hoxe aprobado" explican nun comunicado emitido hoxe.
E é que nesta contía aseguran "non hai ningún gasto que sexa superfluo, senón que todas e cada unha das facturas están debidamente xustificadas e tratáronse en todo caso de necesidades imperiosas e emerxencias impevistas ás que había que dar solución", tal e como explicaba esta mañá en Pleno a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.
Outro dos gastos non incluídos no orzamento de 2015 foi o aluguer dun vehículo para os operarios contratados a través dun Plan de Emprego da Deputación de Pontevedra, que representou un desenvolso imprevisible para as arcas municipais "pero que había que facer para que estes traballadores puidesen desenvolver o seu labor".
Outro dos gastos contemplados corresponde ó Centro de Saúde “que por desgracia está a ser continuamente vítima de roubos e actos vandálicos con rotura de claraboias, portas e ventás, así como outros desperfectos que hai que subsanar sí ou sí”, declarou hoxe Arévalo.
En Benestar Social gastáronse tamén preto de 200.000 euros por riba do presupostado debido ó aumento de casos de persoas beneficiarias do Servizo de Axuda no Fogar que houbo que asumir, o programa Xantar na Casa, as axudas por Emerxencia Social, unha subvención a ASODIFISI (para pintado interior do seu centro en Torroso e para a renovación de persianas interiores no mesmo), melloras na Escola Infantil de Cototorrón, compra de mobiliario para o Centro de Día de Petelos, un obradoiro para Enfermos de Alzheimer, etc. "Como se pode comprobar nada que se asemelle a despilfarro, gasto superfluo ou caprichoso, todo necesidades imperiosas para dar servizo ós colectivos municipais máis sensibles", explican.
Tamén aquí se inclúen gastos imprevistos surxidos no mantemento das instalacións deportivas municipais, tales como a piscina e os pavillóns.
Ademais o Concello de Mos "quixo axudar a varias asociacións a finais do pasado ano 2015, para que non deixaran de cumplir o seu programa deportivo e/ou cultural por ter esgotado o seu orzamento". Así, a administración local financiou unha ambulancia para a ‘Quedada BTT’ de Pereiras, o autobús para que o Coro de Voces Brancas de Cela puidese ir a actuar a O Grove e tamén outro autocar para que a Coral Ventos do Val puidese acudir a un intercambio cultural en Santander.
Pregúntase neste sentido a alcaldesa "onde se atopa o despilfarro do que a acusa o PSOE de Mos e pídelles sentido común ós socialistas mosenses, xa que, tal e como se pode comprobar, todas estas facturas pasaron os pertinentes procedementos legais, de contrato menor ou de contrato maior dependendo dos casos".
"Unha vez máis -lamenta Nidia Arévalo- a falla de coñecemento da xestión local por parte dos grupos da oposición, especialmente PSOE e GañaMos, que demostran o seu descoñecemento total e absoluto sobre a xestión económica das arcas municipais”. Ademais Arévalo reforza o seu argumento coa "realidade da continuidade do descenso da débeda municipal, que desbanca toda crítica a este respecto". E é que a débeda do Concello de Mos "continúa baixando de xeito que nun prazo de seis anos chegará a cero, gracias a tres medidas clave na xestión política de Arévalo: aprobar o orzamento para o novo exercicio económico sempre o ano anterior, pechar os exercicios con Remanente de Tesourería positivo e non realizar operacións de préstamo bancario".
Arévalo lamenta tamén que dende GañaMos "teñen incluso a osadía de asegurar que estas facturas aprobadas hoxe en pleno foron 'infladas' intencionadamente, unha afirmación que incurre na mentira e que implica unha acusación moi grave que podería ser denunciable".
A alcaldesa concluiu a súa intervención "demostrando a total ausencia de despilfarro nestas facturas, que ademais corresponden a contratos realizados mediante procedementos 'impecables'"; e lembrándolles ós seus detractores que “a débeda de Mos continúa descendendo, aínda que lles pese”.
![[Img #22599]](upload/img/periodico/img_22599.jpg)
GañaMos mantivo un “duro debate” coa Alcaldesa
O concelleiro de GañaMos, Miguel Rodríguez Alonso, mantivo “un duro debate coa Alcaldesa de Mos, por ter presentado un recoñecemento extraxudixial de credito, fora dos orzamnetos correspondentes ao 2015, para pagar no 2016 unha facturas de 514.615 € correspondentes a obras realizadas durante a campaña electoral” aseguran nun comunicado de prensa emitido hoxe. “En moitos casos o retraso no pagamento é dun ano e coa asignación destas obras ás mesmas empresas en repetidas ocasións. Por estes motivos GañaMos votou en contra desta medida que o equipo de goberno do PP aprobou a pesares do informe con reparos do Interventor” explican.
O Voceiro de GañaMos F.V. Troitiño tamén acusou á Alcaldesa do “reiterado imcumprimento Regulamento por non respectar os turnos de intervención e ocupar máis do doble de tempo nas súas intervencións que o resto dos grupos”.
Tamén demandou “o acceso á documentación que solicitan os concelleiros da oposición recordando que a información debe ser entregada de inmediato, cunha demora máxima de 3 días”.
O PSOE calificao de “despilfarro”
O Partido Socialista de Mos xa denunciaba antes do pleno o “malgasto do actual goberno de dereitas. Este luns leva a pleno un recoñecemento extraxudicial de máis de medio millón de euros fóra de orzamento, e un ano máis nos presentará un falso peche de exercicio en positivo cando a realidade é outra”.
Explicando que “durante toda a lexislatura dedicouse a investir o diñeiro de todos os veciños de Mos en gastos superfluos, que pouco ou nada teñen que ver coas necesidades reais da xente”
Dende o PSOE lembraban que “este concello está intervido pola débeda acumulada ano tras ano por este goberno, encabezado por Nidia Arévalo” e recalcan que se esta é a lexislatura das persoas non se debería esquecer de tantos veciños que están en risco de exclusión social no seu concello”.
Para o BNG “fixeron trampa”
O BNG xa anticipaba nun comunicado de prensa emitido antes do pleno que “ aprobar facturas atrasadas, que son de anos distintos ao actual, e que non se puideron aprobar por falla de orzamento ou por non seguir o procedemento adecuado. Normalmente se ven facendo por cantidades non moi grandes, pero a deste pleno demostra que o desastre económico deste concello continúa·.
Miguel Anxo Aldea Moscoso, Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos, explicaba que “mediante os votos positivos de PP , aprobarase este recoñecemento de facturas, que suman a cantidade nada desdeñable de 515.000 euros”.
“Levar este enorme número de facturas, deixa ver o nefasto control económico dos gobernantes do concello, que presumen de ter mellorado a economía municipal pero queda claro que é só propaganda. Esta práctica xa se ten dado en anos anteriores . Esto é o que se chama limpar os caixóns das facturas acumuladas”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191