Mos
Mos acollerá hoxe unha xornada informativa sobre as novas liñas de axudas e apoios ás PEMES galegas
Trátase dunha iniciativa de Networking na que participará o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, xunto con outras autoridades e empresarios de Mos
![[Img #22603]](upload/img/periodico/img_22603.jpg)
A consellería de Economía, Emprego e Industria organiza, hoxe mércores 27 de xaneiro ás 19:00 horas, na Axencia de Colocación de Mos, unha xornada informativa para dar a coñecer as novas liñas de axudas e apoios ás PEMES galegas, para facilitar os investimentos empresariais e do emprendemento, a mellora da competitividade, a internacionalización, a incorporación da innovación ou a eficiencia enerxética.
Trátase dunha iniciativa de Networking na que participarán Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta de Galicia, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Óscar Soto, concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Curro López, subdirector de Información do IGAPE, Elena Polo Prieto, técnico da Axencia Galega de Innovación, así como José Mañas, presidente de AEMOS e outros empresarios de Mos.
O acto concederá especial atención á financiación das pequenas e medianas empresas mediante o programa de préstamos Igape-Jeremie, que está tendo unha importante acollida no tecido empresarial galego, xa que ofrece unhas condicións especialmente favorables para garantir que o custe da financiación non sexa impedimento para impulsar inversións en Galicia. A consellería de Economía, Emprego e Industria apoia inversións a partir de 70.000 euros mediante préstamos directos que poden ir dende os 49.000 euros ata 1,8 millones de euros.
A inauguración desta xornada será a cargo da alcaldesa, Nidia Arévalo, o concelleiro de Promoción Económica e emprego, Óscar Soto, e o presidente de AEMOS, José Mañas, ás 19:00 horas.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López, o delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, e a rexedora local Nidia Arévalo, clausurarán dito evento cunha sesión de Networking na que esclarecerán as dúbidas ou preguntas dos asistentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191