Provincia
Dúas persoas resultaron afectadas por inhalación de fume tras producirse un incendio nunha vivenda en Vigo
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron en ambulancia a un centro hospitalario a dúas persoas que resultaron afectadas pola inhalación de fume tras producirse un incendio nunha vivenda particular de Vigo. O lume calcinou a cociña e o fume afectou considerablemente ao resto da vivenda.
Pese a non habitar no domicilio no que se declarou o incendio, as dúas persoas resultaron afectadas pola acumulación de fume nos espazos comúns do inmoble. Os Bombeiros de Vigo, encargados da extinción do fogo tras ser alertados polo 112 Galicia, indicaron que as causas do mesmo se descoñecían.
O persoal do CAE 112 Galicia tivo constancia do suceso pasados uns minutos das 15:30 horas de hoxe, grazas á chamada dun particular que aseguraba ver fume nun patio de luces na rúa Tomas Alonso, á altura do número 177. Así, ademais dos efectivos do parque de extinción, informouse a Urxencias Médicas, Protección Civil e Policía Local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56