Galicia
Alta participación nas oposicións do Sergas celebradas en Silleda
![[Img #22605]](upload/img/periodico/img_22605.jpg)
Un total de 8.474 aspirantes a unha das 287 prazas na sanidade pública galega presentáronse hoxe aos exames da Oferta Pública de Emprego do Servizo Galego de Saúde que se celebraron no Recinto Feiral de Silleda.
Os exames forman parte do desenvolvemento do proceso selectivo que tivo lugar este sábado e no que resultaron admitidos para a realización das probas un total de 9.528 aspirantes, dos cales 8.488 corresponden á categoría de enfermeiro e 1.040 á categoría de médico de familia.
Pola mañá, na quenda de médicos de familia, dun total de 1.040 aspirantes, presentáronse 910, o que supón un 87,5% de participación. Pola tarde, na quenda de enfermeiros, dun total de 8.488, presentáronse 7.564, o que supón unha participación do 89,1%.
O proceso selectivo, correspondente ás ofertas de emprego público 2013/2015, conta cun total de 287 prazas convocadas: 82 para medicina de familia, e 205 prazas da categoría de enfermería.
Do total de 1.040 aspirantes admitidos nas probas de medicina de familia, 945 eran de quenda libre, 67 de promoción interna, e 28 discapacitados. Nas de enfermería foron admitidos 8.488 aspirantes, dos que 8.269 eran de quenda libre, 108 de promoción interna, e 111 discapacitados.
O 48% dos admitidos na categoría de medicina de familia de atención primaria teñen actualmente vínculo activo co Servizo Galego de Saúde. No caso de enfermería esa porcentaxe acada o 38%. O 86% dos inscritos nas listas de selección temporal e promoción interna temporal, inscribíronse neste proceso de selección.
Con respecto dos admitidos procedentes doutras comunidades autónomas, o 11,27% dos da categoría de enfermería procedían de fóra da nosa Comunidade Autónoma e, no caso de medicina de familia, o 23,84% teñen domicilio fóra de Galicia.
Transparencia e seguridade no proceso
As probas selectivas desenvolvéronse hoxe no Recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda-Pontevedra). Os aspirantes da categoría de medicina de familia examináronse en xornada de mañá, e os aspirantes de enfermería en quenda de tarde.
Este proceso selectivo incorpora importantes novidades tendentes a dotar dunha maior seguridade ao mesmo nas súas diversas fases, entre as que cómpre destacar, a posta a disposición dos tribunais de selección dunha plataforma securizada en entorno web con acceso mediante certificación dixital.
Isto permite a seguimento de todo o proceso, confidencialidade na elaboración das preguntas, selección dos exames aleatoria e automatizada sobre unha batería de preguntas, imposibilidade de xerar ningún documento electrónico ata a data de impresión, impresión e custodia dos exames en sala securizada, así como a selección aleatoria e automatizada das preguntas de exame.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56