Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 26 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O incendio dunha nave industrial en Salceda de Caselas mobiliza aos bombeiros de Baixo Miño e Ponteareas

Un incendio nunha nave situada no lugar de O Torreiro, no termo municipal de Salceda de Caselas, mobilizou esta mañá aos bombeiros de Baixo Miño e Ponteareas. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais. Ás 5:30 horas desta madrugada, Urxencias Médicas indicaba ao persoal do CAE 112 Galicia que, enviaban unha ambulancia, por si fose precisa, para un incendio que ocorría no lugar de O Torreiro. De inmediato, o 112 Galicia alertou aos membros do parque comarcal de Baixo Miño e á Garda Civil. Ademais, solicitou a colaboración dos medios de extinción de Ponteareas e dos efectivos de Protección Civil de Mos, os que, aseguraron que se trataba de dúas naves unidas.
 
Sobre as 7:30 horas, os servizos de extinción comunicaron ao 112 Galicia que, o incendio estaba controlado, aínda que continuarían no lugar removendo e refrescando ata dar por rematada a extinción. Unha vez apagado na súa totalidade, os bombeiros confirmaron que unha das naves –dedicada ao empaquetado de angulas- ardeu por completo. Polo momento, descoñécense as causas que orixinaron o incendio. O persoal do Servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia tamén foi informado do suceso polo 112 Galicia.
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.