Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 31 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño aposta, un ano máis, pola promoción de grupos musicais locais

O “circuito cultural” vai dirixido a comisións de festas e organizadores de festexos.

[Img #22673]

 

O Concello de Tomiño ven de aprobar en xunta local o “circuito cultural” para o ano 2016.  O programa vai dirixido a comisión e organizadores de festas  a través do cal accederán a un desconto no custo a hora de contratar grupos de música tomiñeses.


As comisións de festas poderán contratar de xeito subvencionado grupos musicais tomiñeses que inclúen  banda de música, as corais, as bandas de gaitas con máis de 30 compoñentes os grupos de gaitas, as treboadas e as pandereteiras e as murgas.


Os grupos tomiñeses que se inclúen xa asinaron previamente co Concello un convenio no cal aceptaban ditas condicións, e amosaron a súa satisfacción por esta iniciativa.

 

 

 

O Concello de Tomiño aprobou as bases os pasado luns en Xunta Local de Goberno

 

 

 


Para que as comisión de festas poidan acceder a dita axuda deben en primeiro lugar contratar o grupo e fixar a súa actuación e comunicarllo por escrito a Concellería de Cultura cunha antelación de 30 días. A aportación do Concello materializarase unha vez que a comisión de festas presente recibo de pago a dito grupo. Solo se poderá presentar unha solicitude por evento.


Esta iniciativa leva funcionando dende o ano 2012 e ten favorecido a promoción e contratación de grupos musicais locais. No ano 2015 rexistráronse máis dun centenar de solicitudes adscritas ao “circuito cultural” beneficíandose tanto os grupos como as comisións de festas. Este ano 2016 o número de grupos que participan no programa se incrementa e acadan a quincena. Os grupos que participan no “circuito cultural” 2016 correspóndense con corais, treboadas, bandas de música, grupo de gaitas, murgas e charangas e acordeóns.


A Concelleira de Cultura, Cristina Martínez, comenta que “este é un xeito máis equitativo de promocionar os grupos musicais de Tomiño e de favorecer a súa presencia e contratación dentro do noso municipio”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.