Mos
Mos plantéxalle ó conselleiro Francisco Conde o seus proxectos para o fomento do emprego
A alcaldesa, Nidia Arévalo, e o concelleiro, Óscar Soto, solicitáronlle o apoio da Xunta para dous obradoiros, un plan integrado e cinco cursos AFD
![[Img #22654]](upload/img/periodico/img_22654.jpg)
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu onte pola tarde en Mos a unha xornada informativa, que incluiu un Networking, de apoio ós autónomos e pequenas e medianas empresas mosenses, no que estivo acompañado pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto.
No encontro onte celebrado na Axencia de Colocación de Mos, os representantes municipais presentáronlle ó conselleiro os proxectos en materia de fomento do emprego a desenvolver durante o presente ano 2016 e para os que solicitaron o apoio da Xunta de Galicia. Trátanse de dous Obradoiros de Emprego, cinco cursos AFD (Accións Formativas para Desempregados) e o Plan Integrado de Emprego 2016-2017.
O primeiro dos Obradoiros de Emprego é un programa mixto de formación e emprego, que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas maiores de 18 anos cos obxectivos de dotalos de capacitación profesional, mellorar a súa empregabilidade e que poidan obter un ou máis certificados de profesionalidade.
Unha das dúas especialidades deste obradoiro levará por nome Conciliamos e tratarase dun proxecto de atención de necesidades educativas de nenos e mozos no tempo libre, que constará dunha área de dinamización e atención educativas para menores de tres anos nas Escolas Infantís Galiña Azul do municipio, apoio ó Plan Madruga e comedores escolares, servizo de apoio familiar e actividades extraescolares.
Esta primeira especialidade é considerada de gran importancia, tanto por Arévalo como por Soto, por centrarse na conciliación familiar, sendo este un dos compromismos municipais estrela na actual “lexislatura das persoas”, como así a denominan a rexedora local e o edil.
E a segunda das especialidades é o proxecto Identificamos, de posta en valor de espazos públicos e medioambientáis do municipio a través de traballos de mecanizado de madeira e derivados, e montaxe de mobiliario urbán, estruturas e elementos de carpintería de madeira a ubicar no Parque de Santiaguiño.
O segundo dos Obradoiros de Emprego está fundamentado no Sistema de Garantía Xuvenil. É un programa mixto de formación e emprego, que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade de mozos e mozas inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil , mediante a realización de obras ou prestacións de servizos de interese xeral e social que posibiliten aos alumnos/as participantes a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co traballo a desenvolver, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.
Os destinartarios deste obradoiro deberán ter unha idade igual ou superior a 18 anos e ser menores de 30 anos, desempregados/as, inscritos no Servizo Público de emprego de Galicia. O título deste proxecto será Mos Verde e contemplará dúas especialidades para a posta en valor do patrimonio medioambiental do Concello: unha de limpeza de espazos públicos e xestión de residuos, incidindo na compostaxe e rexciclaxe; e outra de confección e publicación de páxinas web e interpretación e educación ambiental/promoción turística local.
Por outra banda os cinco cursos AFD solicitados polo Concello de Mos á Xunta, e que foron consensuados e aprobados unánimemente por toda a Corporación Municipal, incluídos os grupos políticos da oposición son: Xestión Contable e Xestión Administrativa para Auditoría, Montaxe e Mantemento de Instalacións Eléctricas de Baixa Tensión, Soldadura Oxigás e Soldadura MIG/MAG, Xestión Ambiental; e Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais.
Por último, o Plan Integrado de Emprego 2016-2017 ten por obxecto a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego durante un período de 12 meses.
O proxecto incorporará unha metodoloxía de desenvolvemento por competencias, ao entender que o proceso de inserción é un recorrido que fai a persoa para mellorar a súa empregabilidade mediante o desenvolvemento de competencias profesionáis para acadar a inserción laboral. Ademais constará de ferramentas e medidas novidosas do ámbito das novas tecnoloxías e de conciliación familiar e laboral.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129