Jueves, 02 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 28 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta reitera a súa vontade para cumprir co compromiso de poñer en marcha a área metropolitana de Vigo nesta lexislatura

O vicepresidente da Xunta explicou que a próxima semana está convocada unha xuntanza na que se abordará o principal escollo que retrasa a constitución da área metropolitana de Vigo: o transporte metropolitano.

[Img #22665]

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reiterou no Pleno do Parlamento a firme vontade da Xunta para cumprir co compromiso de poñer en marcha de forma efectiva a área metropolitana de Vigo nesta lexislatura, contando co consenso dos seus integrantes.

 

En resposta a unha pregunta parlamentaria sobre esta materia, Rueda explicou que a próxima semana está convocada unha xuntanza na que se abordará o principal escollo que retrasa a constitución da área metropolitana de Vigo: o transporte metropolitano. Para o tamén conselleiro de Presidencia, o transporte ten que formar parte medular da área posto que se trata da competencia que máis incide sobre o día a día dos cidadáns “É algo sobre o que todos estamos de acordo”, indicou.

 

O vicepresidente explicou que a Dirección Xeral de Mobilidade está a recabar toda a información sobre o transporte metropolitano de cara á reunión da vindeira semana para que a Xunta vaia con todos os datos e poder chegar a un acordo.

 

 

Alfonso Rueda explicou que a Dirección Xeral de Mobilidade está a recabar toda a información sobre o transporte metropolitano de cara á reunión da vindeira semana para que a Xunta vaia con todos os datos e poder chegar a un acordo

 

 

A Xunta de Galicia entende que salvar este escollo é necesaria a cesión por todas as administracións das competencias de transporte no ámbito da área metropolitana, permitindo no medio e longo prazo unha planificación conxunta e integral do transporte público, que incorpore novos tráficos a medida que venzan as concesións administrativas en vigor.

 

Alfonso Rueda lembrou os avances realizados desde a aprobación da lei da área metropolitana e explicou que na xuntanza do pasado 19 de xaneiro estableceuse, por exemplo, que serán os concellos os que concreten o sistema de votación da xunta de goberno, que será ponderado respecto aos representantes de cada Concello na asemblea metropolitana, e reforzado para garantir unha gobernanza sen imposicións e baseada no consenso.

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.