O Porriño
Aimen e o Concello colaborarán na mellora do novo polígono de Cataboi
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada do concelleiro de Urbanismo e Industria, Marcelino Coto, mantivo unha xuntanza, este xoves, co presidente do Centro Tecnolóxico Aimen, Fernando Vázquez e o director xerente do mesmo, Jesús Lago, nunha primeira toma de contacto para coñecer as necesidades deste centro, punteiro a nivel europeo en Investigación, Desenrolo e Innovación, e prestación servizos de alto valor engadido e mellora tecnolóxica das empresas.
Aimen ten na actualidade dous centros no Porriño, en Torneiros e no novo Polígono de Cataboi que, como salientou o seu presidente, son visitados cada ano por representantes de grandes firmas internacionais de sectores como aeronáutico, automoción, enerxético, bens de equipo e naval, entre outros.
Eva García de la Torre adiantou que o Concello revisará o estado dos acesos ao novo polígono e o seu estado de conservación e limpeza.
Como fixera nas súas xuntanzas cos responsables do Cluster do Granito, da Automoción, cos directivos de Lonza e co presidente dos Empresarios do Polígono Industrial de A Granxa, a alcaldesa expuxo ao presidente de Aimen o cerne do Plan de Formación para o Emprego Municipal, que ten como base a adecuación da formación dos parados do Porriño ás necesidades das empresas radicadas no concello, de xeito que sexan profesionais das mesmas os que, en base ao devandito plan, financiado integramente con cargo aos orzamentos locais, impartan ensinanzas que sexan axeitadas para desenrolar os postos que necesitan cubrir.
Eva García de la Torre subliñou que este plan formativo “estará directamente e completamente orientado” á integración laboral dos desempregados porriñeses aproveitando as sinerxías con firmas de primeira orde en sectores como o da pedra, a automoción, as biotecnoloxías, a distribución, a construción a sostenibilidade ou a innovación que, “ademais son a base da nosa identidade e da forza da ‘marca’ Porriño”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85