Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 30 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

A concellería de Medio Ambiente organiza un curso de fitosanitarios na Axencia de Colocación

O prazo de inscrición abrirá o vindeiro luns, día 1 de febreiro

A concellería de Medio Ambiente mosense que dirixe a edil Julia Loureiro organiza un curso de aplicador de productos fitosanitarios  que se impartirá na Axencia de Colocación de Mos e cuxo prazo de inscrición comezará o vindeiro luns, día 1 de febreiro, e rematará o luns 15 de febreiro (ambas datas incluídas).

 

[Img #22683]Terán preferencia para inscribirse e participar  os empadroados no Concello de Mos. As persoas interesadas en realizar o curso deben formalizar a inscrición presentado un impreso debidamente cumprimentado no Rexistro do departamento municipal de Medio Ambiente.

 

O prezo desta acción formativa será de 50 euros para os veciños/as empadroados en Mos e 70 euros para as persoas non empadroadas. A taxa de exame pagarase a maiores e terá un importe de 8,83 euros en ambos casos.

 

O curso, homologado pola Xunta de Galicia, impartirase durante dous sábados: 27 de febreiro e 5 de marzo, en horario matinal de 09.00 horas a 14.00 horas; e de luns a venres, do luns 29 de febreiro ó venres 4 de marzo, en horario de tarde de 19.30 horas a 21.30 horas.

 

Os alumnos/as deste curso beneficiaranse da vantaxe de que poderán examinarse no mesmo lugar onde recibiron as clases, a Axencia de Colocación de Mos, sen necesidade de desprazarse a outros municipios para realizar a proba como viña ocorrendo ata o de agora.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.