TOMIÑO
O Concello de Tomiño presenta a súa programación formativa para o 2016
A Oficina de Información Municipal de Información Xuvenil recibiu máis de 5.000 consultas no ano 2015.
![[Img #22699]](upload/img/periodico/img_22699.jpg)
O Concello de Tomiño ven de presentar a súa programación formativa para o ano 2016. Na presentación aos medios de comunicación a Alcaldesa, Sandra González, fixo balanzo do traballo levado a cabo dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil ao longo do pasado ano 2015. En palabras da Alcaldesa “a Omix recibiu máis de 5.000 consultas das cales 500 foron presencias e o resto a través de medios electrónicos como correo electrónico, facebook, skype ou twiter”.
A Alcaldesa destacou da programación que se presentou a pasada semana o seu carácter complementario na formación dos mozos e mozas do Concello, “moitos destes cursos son demandados polos propios usuarios”.
Na presentación a Alcaldesa recordou o traballo tan importante que se ten feito dende a Omix como punto de información da rede “Eurodesk” a través do cal a mocidade tomiñesa ten participado en programas e accións doutros países europeos. O pasado ano 10 mozos e mozas tomiñesas puideron beneficiarse de seminarios formativos fora das nosas fronteiras grazas ao Programa Xuventude en Acción abrindo as fiestras de Europa aos xoves de Tomiño.
Segundo a Alcaldesa “a capacidade de mobilidade, de ir e vir, teñen contribuido a trazar expectativas a mozos e mozas que hai cinco anos nin sequera se plantexaran saír de Galicia”.
A Concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, informou de xeito pormenorizado os cursos que inclúe este ano a programación formativa. Por un lado, celebraranse varios cursos relacionados co agro e na liña do proxecto de compostaxe que se está desenvolvendo dende a Concellería de Medio Ambiente. Esta liña formativa inclúe dous cursos, un de horticultura e outro de cultivos ecolóxicos.
Ademáis, levaranse a cabo formación relacionada coa xestión asociacións como é o curso para a visibilidade das asociacións e o curso básico de xestión económica para asociacións. A oferta formativa conta tamén con cursos moi demandados entre os máis novos como son o curso de monitor/a de tempo libre, curso que inclúe a homologación do título. Nesa liña, e co fin de reforzar a formación dos mozos e mozas de cara a seminarios e encontros europeos, impartirase un curso para a pesentación de proxectos “iniciativa xove”.
Como ven sendo habitual noutros anos, tamén se impartirán cursos doutras linguas. Haberá de francés, portugués e inglés, este último será impartido por dous voluntarios europeos de Ucrania e República Checa que grazas ao programa Erasmus + residirán durante un ano en Tomiño.
A esta relación de cursos engadimos o de reparacións domésticas e mecánica básica do automóbil que en anteriores edicións gozaran de grande demanda.
Finalmente, o mes de novembro contará cun curso de educación emocional, afectiva e sexual. Este é un curso ao que a Alcaldesa concedeu unha especial importancia xa que este tivo de iniciativas conlevan a “unha sociedade igualitaria dende unha óptica emancipatoria”. Segundo González, “novembro será o mes de xénero e adicarémolo a iniciativas relacionadas coa igualdade e coa non violencia. É unha iniciativa de vital importancia xa que neste primeiro mes de ano xa levamos oito mulleres vítimas de violencia de xénero”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149