Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 30 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

Localizada a embarcación desaparecida preto dun illote das Illas Cíes sen rastro dos dous tripulantes

[Img #22706]

 

Persoal a bordo do helicóptero Pesca I do Servizo de Gardacostas de Galicia localizaron esta tarde a embarcación que levaba desaparecida dende a tarde de onte. Foi atopada, xunto a algúns restos da mesma, preto do illote de Boeiro, nas inmedicacións das Illas Cíes. Sen embargo, os dous tripulantes que ían a bordo continúan desaparecidos.

 

No operativo de busca, coordinado por Salvamento Marítimo, participan os helicópteros Helimer e Pesca I, embarcacións de Salvamento e do Servizo de Gardacostas de Galicia, así como embarcacións particulares. Ademais, esta tarde, sumáronse ao operativo voluntarios de Protección Civil de Vigo, segundo informaron ao CAE 112 Galicia, que peinan por terra a zona de Monteferro e colaboran na busca por mar con outra embarcación. A chamada que alertaba da desaparición da planeadora, de nome 'Látigo', con dous homes a bordo recibíaa Salvamento Marítimo ao fío das 20:00 horas de onte. Foi un familiar o que advertiu a ausencia da embarcación, que debería ter chegado ao peirao de Vigo a última hora da tarde de onte, logo de saír a faenar.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.