Provincia
Un incendio en Pontevedra sáldase con varias persoas desaloxadas e dúas persoas afectadas polo fume
![[Img #22717]](upload/img/periodico/img_22717.jpg)
Dúas personas resultaron intoxicadas tras inhlar o fume procedente dun incendio que afectou a dous edificios situados na Rúa Michelena, en Pontevedra. Os ocupantes de ambos inmobles foron desaloxados polos axentes da Policía Local á espera de que interveiñesen os equipos de extinción. Á súa chegada, os Bombeiros de Pontevedra comprobaron que o lume era intenso e solicitaron máis recursos humanos e materiais para atallar as lapas.
Así, o persoal do CAE 112 Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros do Morrazo e dos membros de Protección Civil de Pontevedra e Poio. Igualmente, alertaron aos efectivos dos parques de Ribadumia e Vilagarcía e mesmo se ofreceron os de Vigo. As lapas eran visibles dende diferentes puntos da cidade. Varios veciños se puxeron en contacto co 112 Galicia arredor das 20:40 horas de onte, o que permitiu que se activase o operativo de emerxencias.
Pasadas as catro horas desta madrugada, os membros de extinción de Pontevedra confirmaron ao 112 Galicia que o lume quedou sufocado e, ardeu na súa totalidade un dos edificios de dous andares e un baixo. As dúas persoas que resultaron afectadas por inhalación de fume, foron trasladadas ao Hospital de Montecelo polos servizos sanitarios de urxencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101