GALICIA
A Policía Autonómica e a Consellería de Medio Rural realizaron máis de 7.400 inspeccións e 1.100 denuncias en 2015
Realizáronse controis en eidos como o benestar e saúde animal, os produtos fitosanitarios, ou o transportes de leite.
A colaboración no traballo da Policía Autonómica e a Consellería de Medio Rural propiciou un total de 7.410 inspeccións e 1.116 denuncias durante o pasado ano 2015.
Estes datos recollen actuacións en eidos tan importantes como a área de sanidade e benestar animal, o control de certos residuos, ou o control de produtos fitosanitarios e os seus establecementos de venta, as actividades relacionadas coa praga do nematodo do piñeiro e o control do transporte do leite. Exclúense deste informe as actuacións relacionadas cos incendios forestais -as máis intensas-, ou tamén na loita contra o furtivismo e o marisqueo ilegal, de cuxos resultados se vén dando conta ao longo do ano.
Do total das actuacións conxuntas rexistradas, o maior número de inspeccións levouse a cabo na área da sanidade e do benestar dos animais, tanto no que se refire ao seu transporte, como na supervisión de feiras e mercados de gando, para que as actividades comerciais e de intercambio se desenvolvan dentro do marco normativo previsto. O resultado durante 2015 foi de 3.510 inspeccións realizadas, (un 3,5 por cento máis que en 2014) e un total de 567 denuncias.
Outro dos apartados recollidos no documento é o relativo ao control dos subprodutos animais non destinados ao consumo humano (SANDACH), regulados por unha normativa comunitaria que trata de impedir a aparición de riscos para a sanidade humana e animal ou para o medio ambiente, e sobre todo, para garantir a seguridade da cadea alimentaria humana e animal.
Deste xeito, os efectivos da UPA realizaron 273 controis (un 7 por cento máis que en 2014) de contedores destinados a transportar estes subprodutos -ósos, picos e plumas-, na súa maioría procedentes da industria alimentaria e que están destinados a empresas do sector alimentario (fabricantes de pensos para cans, por exemplo) ou tamén para ser entregados a xestores autorizados para a súa xestión. Estas inspeccións e controis remataron con 89 denuncias.
Produtos fitosanitarios
O informe tamén aborda a colaboración entre ambos os dous entes no control de produtos fitosanitarios e dos establecementos de venda, así como a posible venda minorista de medicamentos animais sen pasar os controis oficiais.
O obxectivo é impedir posibles riscos para a saúde das persoas que os utilizan ou mesmo dos consumidores, no caso de producirse unha intoxicación alimentaria, de utilizarse en exceso ou de forma incorrecta. Nesta liña de colaboración produciu 625 inspeccións (un seis por cento máis) e 92 denuncias (un 42 por cento menos). Á vista destes resultados estatísticos constátase que se continúa co labor de inspección, se ben o número de infraccións administrativas verificadas vai á baixa polo que se pode concluír que a fiscalización e o labor inspector realizado nos últimos anos contribúe eficazmente á normalización do sector.
Con respecto aos datos de control da praga do nematodo do piñeiro hai que destacar que a actividade inspectora nesta materia concéntrase na zona fronteiriza con Portugal (sedes UPA de Ourense e Vigo). Despois de anos de control policial (desde abril de 2011), constátase un maior cumprimento da normativa legal tanto no transporte de madeira de pino, como nos palés. En 2015 realizáronse un total de 2.065 inspeccións (un 4 por cento máis que en 2014) e tramitáronse 54 denuncias, fronte ás 84 tramitadas en 2014.
Por último, en maio de 2015 iniciouse unha campaña de control de transportes de leite e derivados procedentes de Portugal, con destino ás industriais lácteas da comunidade, activándose controis nos pasos fronteirizos. En total mobilizáronse 247 dispositivos, con 109 inspeccións realizadas e 70 denuncias tramitadas.
O informe conclúe que en xeral os datos amosan os efectos correctores que a actividade inspectora e de denuncias de anos anteriores da UPA provoca en distintas áreas, xa que logo cando se observa unha baixa significativa no número de denuncias, significa que o sector vai tomando conciencia do carácter periódico das inspeccións policiais e das posibles denuncias por infraccións, e vai axustando as súas actividades aos requirimentos normativos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191