Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 03 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda sostén que o Plan Xeral "desatende ao rural"

Os populares anuncian o seu voto en contra ao non compartir a formulación do PXOM.

[Img #22758]

 

O Partido Popular de Salceda de Caselas sostén que o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) "céntrase no casco urbano da vila, desatendendo a calidade de vida que aporta o rural, un xeito de vida que é a que prefiren a maioría dos salcedenses: a vivenda unifamiliar e o desfrute da contorna natural”, asegura Santiago Rodríguez Davila, presidente e concelleiro do Partido Popular.


Os populares presentaron, a pasada semana, un escrito por Rexistro no que defenden “unha transición para que o rural se integre co urbano, facendo máis integrador os espazos, os impactos visuais e de ordenación dos distintos tipos de inmobles”. Neste mesmo escrito solicitan unha petición de ampliación do período de exposición ao público dos documentos de traballo do PXOM. “Despois de días de intenso traballo cos veciños, recollendo opinións, propostas e suxestións, detectamos unha falla total de vontade por parte do Goberno á hora de mostrar a documentación do PXOM, algo que tivo que aceptar ao ser proposto pola maioría do pleno (PP e PSOE), e grazas ao cal os veciños puideron coñecer máis polo miúdo o estado actual do PXOM”.


De manterse a redacción actual, o PP xa anuncia o seu voto en contra ao non compartir a formulación do plan. Polo que respecta ao casco urbano, os populares non comparten como está plantexado o nó de comunicación e a distribución do tráfico no entronque da PO-510 ca estrada autonómica Salceda-Paramos, a localización da zona deportiva (lonxe do centro e con desnivel), o viario proposto dende a escola de música cara a antiga cámara agraria, a contorna da Praza da Devesa e, sobre todo, as dimensións dos Ámbitos de Planeamentos Remitidos (APR) que afectan a vivendas e frean o desenrolo da vila. No tocante ás parroquias sosteñen que “as novas delimitación non contemplan, en moitos casos, a realidade destes, creando prexuízos a terceiros por modificar o uso anterior”. Ademais, enumeran cuestións non contempladas como os tamaños e localización dos núcleos, as estradas de comunicación internas e entre parroquias, a zona comercial de Soutelo, as zonas de ocio, sendas peonís de comunicación, zonas de uso dotacionais e a creación de pequenos SUT (Solo Urbanizables de uso Terciarios).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.