GALICIA
A Xunta incrementa os servizos públicos prestados ao colectivo de persoas con capacidades
Na visita, Rey Varela coñeceu de primeira man a actividade da entidade e lembrou que “Galicia é pioneira en ter unha carteira específica dedicada á atención á dependencia e á promoción da autonomía persoal”.
![[Img #22747]](upload/img/periodico/img_22747.jpg)
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou as instalacións de COGAMI na capital galega para coñecer de primeira man as actividades e servizos prestados pola asociación. No transcurso da mesma, na que tamén estivo presente a directora xeral de Maiores e Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, o conselleiro valorou de xeito moi positivo a labor que se desempeña dende a entidade en prol dos colectivos da discapacidade.
Rey Varela subliñou que “COGAMI é un instrumento fundamental para dar voz ao colectivo e ás súas familias, na defensa dos seus dereitos e na consecución da plena integración social”. Por iso, o conselleiro reafirmou o seu compromiso con esta entidade non só a través das palabras, senón do incremento por parte da Xunta de Galicia dos servizos públicos, grazas ao cal, “non só se presta axuda a máis persoas, senón que se chega a novos emprazamentos aproximando así os servizos ás contornas das persoas con discapacidade”, explicou o titular da carteira de Política Social. E, ao fío, José Manuel Rey Varela lembrou que “Galicia é pioneira en ter unha carteira específica dedicada á atención á dependencia e á promoción da autonomía persoal”.
Confederación Galega de Persoas con Discapacidade
COGAMI nace no ano 1990 coa firme intención de dar solucións ao illamento no que vivían a maioría das persoas con discapacidade, especialmente no rural. Ademais deste obxectivo, hoxe COGAMI busca acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas. COGAMI é un movemento asociativo que destaca polos seus valores e liderado na procura de novas metodoloxías de traballo coas persoas con discapacidade e na prestación de servizos de excelencia dirixidos a este colectivo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61