GALICIA
López-Chaves avoga por traballar con “vontade e ánimo conxunto” para poñer en marcha a Área Metropolitana de Vigo
O delegado territorial da Xunta en Vigo amosou a súa preocupación polas últimas declaracións feitas polo rexedor vigués pero espera continuar co consenso acadado na reunión do día 19.
![[Img #22750]](upload/img/periodico/img_22750.jpg)
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu en rolda de prensa para amosar a súa preocupación polas últimas declaracións feitas polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, en relación a posta en marcha efectiva da Área Metropolitana de Vigo.
Sinalou que dende a Xunta se continúa co mesmo espírito co fin de desbloquear e modificar a lei para poñer en marcha a Área Metropolitana
López-Chaves avogou por traballar con “vontade e ánimo conxunto” seguindo a liña lograda na pasada reunión do día 19 de xaneiro e esperando que “non se produza” unha “ruptura” do consenso acadado no encontro presidido polo Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. “Dende a Xunta de Galicia queremos continuar con ese espírito da última reunión na que se manifestou a vontade de continuar co desenvolvemento da futura Área”, sinalou o delegado, matizando que o futuro ente é “moi importante” para os vigueses e os habitantes da área e que, por este motivo, “non deben fracturarse eses consensos”.
De cara a reunión que se celebrará este mércores día 3 na Xunta para falar do transporte metropolitano, López-Chaves insistiu en que se está a recompilar toda a información por parte da Dirección Xeral de Mobilidade e que se convoca porque “é un tema que non tiñan claro os alcaldes” e porque se trata dunha das competencias “máis interesantes e que máis directamente” redundará en beneficios para os cidadáns de toda a Área Metropolitana.
A reunión do día 3 xirará sobre o transporte metropolitano por tratarse dunha das competencias “máis interesantes” e que máis beneficios terá para os cidadáns
Neste senso, considerou que se debe traballar con “consenso, vontade e ánimo conxunto coma temos dende a Xunta de Galicia” para lograr o obxectivo último de poñer en marcha a Área Metropolitana. “Queremos que se desbloquee e se modifique o que faga falla na lei para que sexa unha realidade”, insistiu.
Pagar billetes que non se terían que pagar
Aínda así, na súa intervención considerou que unha “falta de vontade metropolitana” que debe mudar é que o Concello de Vigo non estea incorporado ao Plan de Transporte Metropolitano o que, coma explicou López-Chaves, significa que “os vigueses estamos a pagar por un billete que non teríamos que pagar”. A modo de exemplo, significou que un vigués que estea no Areal e queira ir ata a estación de autobuses para desprazarse ata O Porriño ou Baiona, “agora mesmo ten que pagar o billete coa Tarxeta Verde de Vitrasa” pero, se Vigo estivese no PTM, “ese billete non lle custaría nada ao vigués, cero euros, e nin sequera o pagaría o Concello, o pagaría a Xunta”, informou o delegado e referíndose ao feito de que a Xunta achega o 80% das bonificacións que se aplican nas viaxes interurbanas e o 100% do custo do transbordo co autobús urbano, que sería gratuíto para os usuarios. “Esa falta de vontade metropolitana nos está a causar un prexuízo directo e inmediato ao peto dos vigueses”, dixo.
Lamenta que Vigo non estea incorporado a día de hoxe ao Plan de Transporte Metropolitano porque “estamos a pagar un billete que non teríamos que pagar”
Por último, volveu a deixar claro que dende o Goberno galego “apostamos pola Área e queremos facer as modificacións que fagan falla para chegar a un consenso e poñer en marcha, por fin, todos os servizos que beneficien aos veciños”. “O queremos cumprir e ese é o animo co que vamos a ir a reunión do día 3”, finalizou López-Chaves.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208