Mos
Os alumnos mosenses de Primaria aprenden ‘mates’ no seu súper
Trátase dunha actividade cuxo obxectivo é que os nenos integren a materia das matemáticas na vida real, facéndoa máis cotiá e divertida
![[Img #22768]](upload/img/periodico/img_22768.jpg)
A concellería de Educación e Participación Cidadá, dirixida pola edil Kely Monzón, está a levar a cabo dende onte unhas xornadas para que os nenos e nenas de 5º curso de Educación Primaria dos colexios de Atín-Cela, Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda, Petelos e Pena de Francia, comproben que todo o que estudan de matemáticas na aula, existe fóra.
O obxectivo desta actividade, co nome de “Mates no teu súper”, é que os nenos integren as matemáticas na vida real, facéndoas máis cotiás e divertidas.
Estas xornadas, que deron comezo onte e finalizarán o 14 de marzo, realízanse nas instalacións do supermercado Eroski, situado na parroquia de Sanguiñeda, onde durante hora e media trabállanse de forma interactiva e lúdica os números naturais e decimais, fraccións, porcentaxes, etc.
Dende a concellería consideran que deste xeito fortalécese o pensamento lóxico e abstracto, e a operación mental, ó tempo que se motiva ós alumnos/as a través dunha experiencia real e práctica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149