SALCEDA DE CASELAS
O PP de Salceda acusa ao Goberno de usurparlle ao pleno o dereiro a elixir Xuíz de Paz
Os populares presentarán recurso en contra do procedemento de selección, que cualifican de “caciquil”.
![[Img #22772]](upload/img/periodico/img_22772.jpg)
O Partido Popular de Salceda de Caselas compareceu esta semana en rolda de prensa para dar conta de tres asuntos de actualidade e interese veciñal. O seu presidente e concelleiro Santiago Rodríguez Davila e o edil Primitivo González deron as oportunas explicacións relativas ao procedemento de selección do xuíz de paz, a situación actual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e a tramitación da cesión dos terreos para a construción do novo centro médico.
Procedemento de selección do Xuíz de Paz
O pasado mes de xaneiro, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de nomear ao novo xuíz de paz do Concello de Salceda, logo de celebrarse un procedemento “totalmente legal, pero lamentable e caciquil”, asegura Rodríguez Davila. O concelleiro refírese a que, segundo establece a lei, e en primeira instancia, é o pleno quen elixe a esta persoa. Neste caso, o sucedido foi que “o Goberno non levou a pleno tal cuestión e deixou, automaticamente, nas mans do TSXG este labor, de maneira que non só nos usurpou, aos concelleiros da corporación municipal, o dereito que temos de acordar esta designación, senón que tamén lle privou de ser elixidos para tal posto aos seis candidatos que se presentaron á convocatoria do Concello”, explica. A estes seis aspirantes, que finalmente quedaron en catro, logo de que dous desistiran da súa solicitude, non se lles notificou en ningún momento de que a toma desta decisión non sería levada a pleno (como se recollía na convocatoria), sendo o TSXG quen publicara unha nova convocatoria á que estes candidatos non se presentaron por descoñecemento, “habendo unha falta total de vontade, adrede, do Goberno de non facerllo saber”, presentándose so unha persoa (ningunha das catro presentadas inicialmente).
O PP non entende como habendo candidatos o alcalde non levou a pleno a designación deste posto, “incluso de non presentarse ninguén o pleno ten potestade para elixir libremente ao xuíz de paz”. A única xustificación que se lle ocorre aos populares é, precisamente, “a práctica dunha política de favoritismos”.
Ante esta situación, o PP, ao igual que tamén algúns dos candidatos presentarán recurso contra dito procedemento.
Tramitación de cesión dos terreos para o centro de saúde
“É falso que as parcelas nas que se construirá o novo centro de saúde estean entregadas á Xunta de Galicia”, así de contundente foi Rodríguez Davila, quen asegura que dende o Goberno “estiveron a última lexislatura mentindo constante e conscientemente”. O concelleiro refírese ao recollido nun escrito que a Consellería de Sanidade lle remitiu ao Concello o pasado mes de decembro no que se di que “no informe xurídico do propio secretario do Concello, de data 10 de maio de 2011, figura que para o proxecto de equidistribución prevese un prazo de catro anos”. O que sucedía era que o Sergas non podía comunicar a aceptación da cesión duns terreos onde o Concello non tiña a plena propiedade en tanto non se aprobase de forma definitiva o proxecto de reparcelación. A día de hoxe o trámite da cesión está por completar, o Concello sabía que mentres non se levase a cabo a execución do planeamento non se lle transmitiría ao Concello a plena propiedade desas parcelas, algo que se produciu o 16 de xaneiro de 2015 (cumpríndose o prazo dos catro anos antes mencionado). Por tanto, ata esa data (xaneiro de 2015) o concello nunca tivo a plena propiedade das parcelas ocupadas para poderllas entregarllas legalmente á Xunta de Galicia, pero… “por que no seu momento, fai xa máis dun ano, o Goberno non continuou coa tramitación? Intereses partidistas ás portas das eleccións municipais, cuxo obxectivo era seguir agrandando esa gran mentira e falso alarmismo do que o alcalde e os seus concelleiros eran totalmente conscientes”, subliña Rodríguez Davila.
O seguinte paso a dar, “e que esperemos sexa canto antes polo ben de todos os salcedenses”, é levar a pleno a cesión para que, de inmediato, a Xunta inicie a licitación do proxecto para o cal xa existe unha partida orzamentaria e un convenio de colaboración, que xa se lle enviou ao Concello anexo ao escrito do pasado mes de decembro.
Negociación e consenso para aprobar o PXOM
Outro dos puntos a tratar na comparecencia de prensa foi o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Os populares engaden ao xa dito nos últimos días que “avogamos polo diálogo e o consenso”, sinalaba Primitivo González na comparecencia desta mañá, remarcando o carácter “urbanita” do documento, desatendéndose o rural. Os populares defenden “unha transición para que o rural se integre co urbano, facendo máis integrador os espazos, os impactos visuais e de ordenación dos distintos tipos de inmobles”.
Unha das peticións máis solicitadas resultantes das reunións mantidas cos veciños, “nas que se lle explicou e expúxoselles o documento de traballo”, foi o enlace coa PO-510 para evitar o paso de tráfico polo casco urbano. No PXOM contémplase simplemente un ensanche do vial existente, “pero con só iso non se arranxa o problema, o máis acertado sería un novo trazado con accesos nas diferentes direccións á PO-510”, asegura González.
De manterse a redacción actual do PXOM, o PP anuncia xa o seu voto en contra ao non compartir diversos plantexamentos, “algo que supoñemos que xa é sabido polo propio Goberno, por iso chamámolo a unha negociación e consenso, e á consecuente perda de tempo, porque de levalo así ao pleno e estando en minoría poida que non saia adiante”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149