SALVATERRA DE MIÑO
Máis de 1.400 participantes e 16 carrozas inscritas no Entroido de Salvaterra de Miño
Un total de 16 carrozas con más de 1.400 participantes en comparsas desfilarán o sábado 13 de febreiro, a partir das 18.00 horas, durante o Enterro da Lamprea. As comparsas pertencen, ademáis de a Salvaterra, ós veciños municipios de Salceda, Ponteareas, As Neves, O Porriño, Tui, Mondariz e Mos. A inscrición pechouse o pasado martes día 2.
Tódalas persoas que queran participar como ‘Choronas’ na comitiva fúnebre do Enterro da Lamprea, vestidas de rigoroso loito, poden facelo sen inscrición. A tenente de alcalde e concelleira de Culltura, Marta Valcárcel anima ós salvaterrenses e a veciños doutros municipios “a formar parte desta comitiva arredor da defunda Lamprea. Un xeito divertido de participar no noso Entroido”.
A saída do desfile de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2016 é dende a rúa Rosalía e descorre o desfile pola rúa Castelao, Fonte da Vila, Dona Urraca e praza do Concello, o próximo 13 de febreiro ás 18.00h
ENTROIDO INFANTIL
Por outra parte, este venres día 5, a partir das 10.30 horas terá lugar o Desfile Infantil de Entroido, no que participan colexios do municipio.
O desfile partirá da praza do Concello cara ao Parque de A Canuda. En caso de choiva, trasladarase ao pavillón de Leirado.
O sábado 6 de febreiro, Obradoiro Infantil de Disfraces para nenos e nenas a partir dos 6 anos, entre 11.00 e 13.00 horas, terá lugar na casa de Cultura do Concello.
O Obradoiro Infantil de Máscaras, para nenos e nenas a partir dos 6 anos, vai ser o luns 8 de febreiro tamén de 11.00 a 13.00 horas, na Casa de Cultura do Concello.
Para participar nos obradoiros de Disfraces e Máscaras cómpre inscribirse no Concello (986 658 082).
O martes 9 celebrarase o gran Festival Infantil a partir das 17.30, na Casa de Cultura do Concello. Haberá chocolate, rosca e Karaoke xunto co Concurso de Disfraces. As bases para este concurso poden atoparse na web do Concello de Salvaterra (www.concellodesalvaterra.org).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213