Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 03 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas estará presente na 17ª edición do Xantar

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico terá lugar en Ourense entre os vindeiros días 3 e 7 de febreiro.

O Concello de Ponteareas contará con representación propia na 17ª edición de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra na Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense.
No stand habilitado, será posible degustar dous amplos menús nos que destacan produtos exclusivos do municipio como o Pemento de Guláns e pasteis de masa de folla de Ponteareas.


[Img #22783]Ademais, o espazo deseñado polo Concello contará con mensaxes destinadas a dar a coñecer entre os asistentes o patrimonio artístico e natural de Ponteareas, con trípticos que informarán das principais virtudes de lugares como o Castelo do Sobroso, o Museo Municipal, a Pena dos Namorados, a senda do Río Tea ou o Castro de Troña.


O xoves 4 de febreiro, a partir das 21:30 horas, o tradicional programa de Sempre Queda o Rock elaborado pola equipa do Rock in río Tea será gravado no propio Salón, con entrevistas aos protagonistas e tamén con música en directa ofrecida por varias bandas de rock de diversas partes do país. O programa poderá ser escoitado a través desta ligazón o venres 5 de febreiro.


Mario Lago, concelleiro de Comercio, Hostalería e Consumo, estará presente nesta edición e salienta “que este tipo de espazos poden ser moito máis aproveitados do que viñan sendo até o de agora, promovendo produtos en auxe como o Pemento de Guláns e poñendo en valor cuestións do noso patrimonio que non estean necesariamente vinculadas á gastronomía”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.