Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 07 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Récord de inscritos no curso de fitosanitarios a escasos días de abrirse o prazo

Supéranse xa os 100 alumnos e xa se formaron catro grupos para impartir as clases.

[Img #22818]

 

A concelleira de Medio Ambiente de Mos, Julia Loureiro, informou da espectacular acollida que está a ter o curso de aplicador de productos fitosanitarios que organiza o departamento municipal por ela dirixido.

 

Ás 11.00 horas da mañá do venres inscribíase o alumno número 102, superando o cento de participantes en tan só catro días e superando todas as expectativas previstas, tanto é así que o curso impartirase en catro grupos para impartir unha máis óptima e personalizada docencia ós e ás asistentes, segundo explicou a edil de Medio Ambiente.

 

Loureiro avanzou tamén que espérase que o número de usuarios e usuarias desta acción formativa continúe a aumentar notablemente durante os vindeiros días, xa que o prazo de inscrición non remata ata o 15 de febreiro.

 

Julia Loureiro considera que o enorme éxito do curso de fitosanitarios débese ó feito de que o de Mos sexa un Concello rural e sobre todo a que as clases sexan impartidas no propio municipio e o exame se realice na mesma aula na que se dá o curso e os alumnos/as non teñan que desprazarse a outras localidades para examinarse. Ademais o Concello subvenciona unha parte do custo do curso ós veciños e veciñas de Mos. Neste sentido a concelleira declarou que “o que pretendemos dende a administración local é achegarlle esta accións formativa ós nosos cidadáns, entre os que sabemos que existe un gran interese, e facilitarlle o máximo posible todo o que estea na nosa man para que poidan realizalo”.

 

A maioría dos inscritos ata o de agora neste curso son persoas maiores que coinciden co rango de idade da poboación mosense que se adica a labores agrícolas.

 

O curso de aplicador de productos fitosanitarios impartirase na Axencia de Colocación de Mos e o seu prazo de inscrición rematará o luns 15 de febreiro (esta data incluída).

 

Terán preferencia para inscribirse e participar  os empadroados no Concello de Mos. As persoas interesadas en realizar o curso deben formalizar a inscrición presentado un impreso debidamente cumprimentado no Rexistro do departamento municipal de Medio Ambiente.

 

O prezo desta acción formativa é de 50 euros para os veciños/as empadroados en Mos e 70 euros para as persoas non empadroadas. A taxa de exame pagarase a maiores e terá un importe de 8,83 euros en ambos casos.

 

O curso, homologado pola Xunta de Galicia, impartirase no caso do primeiro grupo durante dous sábados: 27 de febreiro e 5 de marzo, en horario matinal de 09.00 horas a 14.00 horas; e de luns a venres, do luns 29 de febreiro ó venres 4 de marzo, en horario de tarde de 19.30 horas a 21.30 horas. Os outros tres grupos irán sendo próximamente informados de datas e horarios das clases. Os alumnos/as deste curso beneficiaranse da vantaxe de que poderán examinarse no mesmo lugar onde recibiron as clases, a Axencia de Colocación de Mos, sen necesidade de desprazarse a outros municipios para realizar a proba como viña ocorrendo ata o de agora.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.