O PORRIÑO
Protección Civil do Porriño realizou en 2015 preto de 1.500 intervencións
![[Img #22829]](upload/img/periodico/img_22829.jpg)
Os membros da Agrupación de Protección Civil do Porriño interviron o ano pasado en preto de 1.500 ocasións nunha ampla variedade de actividades, emerxencias ou requerimentos dos veciños. A agrupación porriñesa, considerada unha das máis efectivas e mellor preparadas de Galicia, esta formada por 22 voluntarios que, como subliña o primeiro tenente de alcalde, Manuel Carrera, “fan un traballo completamente altruista a prol dos porriñeses 24 horas ao día 365 días ao ano”.
En 2015, os seus integrantes, dirixidos por Jesús González Pexegueiro, acudiron a 272 accidentes, de tráfico e laboráis, prestaron a súa colaboración ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, estiveron presentes en 31 incendios forestais, urbanos e industriais; foron requeridos para intervir en 32 asolagamentos en todo o concello; levaron a cabo a retirada de animais as 131 veces que foron alertados para elo; tiveron presenza, hasta en 615 ocasións, en competicións deportivas, en estrada, polo casco urbán ou nos pavillóns municipais ou atenderon a preto de 400 chamadas noutra variedade de casos nos que a súa axuda foi precisa.
Carrera subliña a “importancia” do traballo da agrupación do Porriño que en 5 anos gañouse a confianza dos veciños que ven na súa laboura “unha garantía de atención en casos de emerxencia”. O tenente de alcalde agradece, expresamente, a implicación de Proteción Civil na loita conta a vespa asiática, “son os seus voluntarios os que, ante a falla de resposta da administración autonómica ou da empresa Tragsa, os que retiraron un número incontabel de panais, maila a que non é unha competencia municipal”.
Por todos estos motivos, o goberno local “aumentará de xeito notabel” a dotación do convenio de colaboración que ten asinado coa Agrupación de Proteción Civil do Porriño, que ata o ano pasado era de 30.000 € anuais. “A nosa aposta por estes homes e mulleres que fan unha laboura tan necesaria e, repito, completamente altruista, é decidida e o noso recoñecemento e gratitude, total”.
Jesús González Pexegueiro, sinala que durante este 2016, en cumprimento da nova regulamentacion, se realizará a renovación da totalidade da uniformidade, estarán completamente operativos tanto o hospital de campaña como os vehículos de apoio e seguirán as accións formativas dos voluntarios, a meirande parte das cales fanse na Academia Galega de Seguridade.
Ademáis, Proteción Civil fará fronte ao desafío que suporá a celebración no Porriño da fase final da Copa da Raíña de Balonmán, a metade de abril, aportando a súa experiencia na cobertura de competicións e eventos deportivos, e desenrolado o plan de actuación, xa rematado, para que a presenza no concello de milleiros de afeizoados, deportistas e xornalistas, se desenrole con total normalidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.27