Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 09 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Medio Ambiente mellorará os accesos dende a Casa Consistorial e o Centro de Día no Concello de Mos

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo unha reunión coa alcaldesa, Nidia Arévalo, quen lle trasladou que se trata dunha zona de bastante tránsito e que ata o de agora non conta cos accesos adecuados.

[Img #22880]

 

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, trasladoulle  á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio colaborará co concello no acondicionamento do exterior do centro de día e na mellora do vial que da acceso dende a casa consistorial ao centro de día e ao cemiterio. Trátase dunha actuación que se incluirá no Plan hUrbe, co obxectivo de humanizar e poñer en valor os equipamentos dos concellos galegos.

 

 

Beatriz Mato indicoulle a necesidade de detallar nun proxecto as obras que se executarán ao abeiro dun convenio de colaboración

 

 

A alcaldesa indicou que se trata dunha actuación moi demanda por parte dos veciños xa que se trata dunha zona de bastante tránsito que non reúne unhas condicións de acceso adaptadas. A conselleira avanzoulle que é necesario contar cun proxecto no que se detallen as actuacións e fases, para así poder asinar o antes posible un convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello no que se detalle o alcance desta colaboración.


Outro dos puntos abordados na reunión foron as necesidades de saneamento neste concello. A conselleira indicoulle que a Xunta analizará a posibilidade de levar a cabo actuacións neste concello que á súa vez forma parte do Consorcio do Louro co que se están avaliando distintas actuacións para mellorar a calidade das súas augas. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.